Os mártires do mar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os mártires do mar, a represión franquista contra os mariñeiros galegos[1] foi unha exposición itinerante organizada pola Consellería de Cultura e Deporte co gallo do Ano da Memoria (2006). A mesma consistiu nunha serie de paneis explicativos nos que se informaba sobre a represión do levantamento fascista contra o tecido asociativo mariñeiro durante a guerra civil. A exposición albergouse no interior do Barco da Memoria, o Hidria Segundo, o cal percorreu a costa galega dende o 17 de xullo ata o 8 de setembro de 2006.[2] A exposición visitou as vilas de Cambados, Moaña, Baiona, Marín, O Grove, A Illa de Arousa, Rianxo, Cabo de Cruz, Ribeira, Portosín, Muros, A Coruña, Mugardos, Ferrol, Cangas, Raxó, Vigo e Vilagarcía.[2]

Baixo o título O Barco da Memoria realizouse tamén un documental para televisión nunha coprodución entre TVG e Saga TV. Foi dirixido por Marcos Gallego baseada no proxecto do comisario da exposición, Dionisio Pereira. [3] A súa estrea tivo lugar na biblioteca de Pontevedra o 8 de xaneiro de 2007.[4][5] Foi emitido tamén vía satélite e a través de Internet o 17 de febreiro de 2007.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Documental sobre o Barco da memoria". Culturmar. Consultado o 10 de xullo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Pereira, Dionísio (2004). "O barco da Memoria" (PDF). Ardentía: revista galega de cultura marítima e fluvial (3): 6–11. ISSN 1699-3128. 
  3. María Conde (8 de xaneiro de 2007). "A travesía do barco da memoria". La Voz de Galicia. Consultado o 10 de xullo de 2018. 
  4. "A Televisión de Galicia emite o vindeiro sábado, ás 15:42 horas, o filme documental ´O Barco da Memoria´". Nomes e voces. 25 de xaneiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2018. Consultado o 10 de xullo de 2018. 
  5. "Documental sobre o Barco da memoria". Culturmar. Consultado o 10 de xullo de 2018. 
  6. "Emisión do filme documental ´O Barco da Memoria´ no exterior". Nomes e voces. 5 de febreiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2018. Consultado o 10 de xullo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]