José Losada Castelao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Losada Castelao
Biografía
Nacemento1891 Editar o valor em Wikidata
Rianxo, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de abril de 1937 Editar o valor em Wikidata (45/46 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Losada Castelao, nado en Rianxo en 1891 e finado en Vigo o 23 de abril de 1937, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De esquerda a dereita: Manuel Antonio, Manuel Rodríguez Castelao, Rafael Dieste, José Losada Castelao e Laureano Lorenzo, en 1920.

Fillo de Juan M. Losada García e Pilar Castelao Genme, era medio irmán de Manuel Rodríguez Castelao. Estivo emigrado durante oito anos. Mestre, exercía na escola número 2 da vila Rianxo. Militante do Partido Galeguista de Rianxo, foi detido con motivo da folga xeral revolucionaria de 1934. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936, fuxiu e, despois de nove meses agochado, tentou escapar no bou Eva pero foron delatados e os falanxistas asaltaron o barco. José e os seus oito compañeiros decidiron suicidarse antes de caer en mans dos falanxistas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Comoxo, Xosé; Santos, Xesús (2006). Concello de Rianxo, ed. Saúde e República (Rianxo 1930-1936) Política e sociedade. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]