Arundhati Roy
Suzanna Arundhati Roy, nada o 24 de novembro de 1961, é unha escritora, novelista e activista antiglobalización india. Foi a primeira persoa india que gañou o Man Booker Prize[1] pola súa primeira novela, O deus das pequenas cousas, en 1997. En 2002 gañou o Lannan Cultural Freedom Prize.
Biografía
[editar | editar a fonte]Naceu no estado indio de Meghalaya, de nai cristiá (da Igrexa ortodoxa siríaca) de Kerala e de pai hindú de Bengala. Pasou a súa infancia en Aymanam, Kerala. Con 16 anos trasladouse a Delhi e iniciou un estilo de vida bohemio: vivía nunha cabana vendendo botellas para se gañar a vida. Despois estudou arquitectura na Delhi School of Architecture onde coñeceu o seu primeiro marido, o arquitecto Gerard Da Cunha.
En 1984 coñeceu en Pradeep Kishen ao que sería o seu segundo marido, e comezou a traballar no cinema: fixo o papel dunha muller rural na película Massey Sahib, e escribiu guións para as películas In Which Annie Gives it Those Ones e Electric Moon, e para a serie de televisión The Banyan Tree.
En 1992 comezou a escribir O deus das pequenas cousas, libro en parte autobiográfico que rematou en 1996 e co que o ano seguinte gañaría o Premio Booker e se daría a coñecer ao gran público. Os dereitos da novela vendéronse a máis de vinte países.
Militante anticapitalista e pacifista, Roy opúxose con firmeza á probas nucleares realizadas polo goberno indio en Rajasthan, e o 1999 escribiu o ensaio The End of Imagination, publicado na recompilación The Cost of Living, onde presentaba unha visión moi crítica co goberno indio. Tamén denunciou a represión das autoridades e militares da India en Caxemira e contra os campesiños e comunidades pobres, recibindo ataques e ameazas de morte dos sectores ultranacionalistas e dereitistas indios.
Roy converteuse nun dos referentes intelectuais do movemento antiglobalización, e estivo dedicando os seus esforzo ao activismo político en favor da paz, contra a política exterior dos Estados Unidos, en especial as guerras en Afganistán e en Iraq, e contra Israel, así como na denuncia dos efectos do proceso de globalización económica. A súa actividade custoulle, nalgunhas ocasións, problemas coas autoridades do seu país.
O ano 2004, foi galardoada co Premio Sydney da Paz polo seu traballo en campañas sociais e o seu compromiso co movemento pacifista.
En 2005 participou no Tribunal Mundial sobre Iraq.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Ficción
[editar | editar a fonte]- The Ministry of Utmost Happiness. Hamish Hamilton, 2017. ISBN 0-24-130397-4
- O deus das pequenas cousas. Flamingo, 1997. Tradución galega de Antía Veres (Narrativa K, 2021).[2]
Non ficción
[editar | editar a fonte]- The End of Imagination. Kottayam: D.C. Books, 1998. ISBN 81-7130-867-8
- The Cost of Living. Flamingo, 1999. ISBN 0-375-75614-0
- The Greater Common Good. Bombay: India Book Distributor, 1999. ISBN 81-7310-121-3
- The Algebra of Infinite Justice. Flamingo, 2002. ISBN 0-00-714949-2
- Power Politics. Cambridge: South End Press, 2002. ISBN 0-89608-668-2
- War Talk. Cambridge: South End Press, 2003. ISBN 0-89608-724-7
- An Ordinary Person's Guide To Empire. Consortium, 2004. ISBN 0-89608-727-1
- Public Power in the Age of Empire. New York: Seven Stories Press. 2004. ISBN 9781583226827.
- The Checkbook and the Cruise Missile: Conversations with Arundhati Roy. Interviews by David Barsamian. Cambridge: South End Press, 2004. ISBN 0-89608-710-7
- The Shape of the Beast: Conversations with Arundhati Roy. New Delhi: Penguin, 2008. ISBN 978-0-670-08207-0
- Listening to Grasshoppers: Field Notes on Democracy. New Delhi: Penguin, 2010. ISBN 978-0-670-08379-4
- Broken Republic: Three Essays. New Delhi: Hamish Hamilton, 2011. ISBN 978-0-670-08569-9
- Walking with the Comrades. New Delhi: Penguin, 2011. ISBN 978-0-670-08553-8
- Kashmir: The Case for Freedom. Verso, 2011. ISBN 1-844-67735-4
- The Hanging of Afzal Guru and the Strange Case of the Attack on the Indian Parliament. New Delhi: Penguin. 2013. ISBN 978-0143420750.
- Capitalism: A Ghost Story. Haymarket Books, 2014. ISBN 978-1-60846-385-5[3]
Artigos e ensaios
[editar | editar a fonte]- “The End of Imagination”. (Frontline / Outlook. Agosto 1998)
- “The Greater Common Good”. (Frontline / Outlook. Xuño 1999)
- “The Greater Common Good II”. (Outlook. Xullo 1999)
- “The Cost of Living”. (Frontline. Febreiro de 2000)
- “Power Politics: The Reincarnation of Rumpelstiltskin”. (Outlook. Novembro de 2000)
- “The Algebra of Infinite Justice”. (Outlook. Outubro de 2001)
- “War Is Peace”. (Outlook. Outubro 2001)
- “Shall We Leave It to the Experts? ”. (Outlook. Xaneiro 2002)
- “Democracy” . (Outlook. Marzo 2002)
- “War Talk: Summer Games With Nuclear Bombs”. (Frontline / Outlook. Xuño 2002)
- “Peace Is War: The Collateral Damage of Breaking News”. (Centre for the Study of Developmental Studies. 2004)
- “Mesopotamia, Babylon, the Tigris and Euphrates” . (Outlook / Guardian. Abril 2003)
- “Seize the Time”. (In These Times. Xuñó 2003)
- “The Loneliness of Noam Chomsky” . (The Hindu / Outlook. Agosto 2003)
- “Let Us Hope the Darkness Has Passed”. (Guardian. Maio 2004)
- “The Road to Harsud”. (Outlook. Xullo 2004)
- “People vs. Empire” Arquivado 17 de abril de 2015 en Wayback Machine. (In These Times. Decembro 2004)
- “And His Life Should Become Extinct”. (Outlook. Outubro de 2006)
- “Scandal in the Palace”. (Outlook. Outubro 2007)
- “Listening to Grasshoppers”. (Outlook. Febreiro 2008)
- “Azadi”. (Outlook. Setembro 2008)
- “9 Is Not 11”. (Outlook. Decembro 2008)
- “Mr. Chidambaram’s War”. (Outlook. Novembro 2009)
- “Walking With the Comrades”. (Outlook. Marzo 2010)
- “Operation Green Hunt's Urban Avatar” (Dawn. Xuño 2010)
- “The Trickledown Revolution”. (Outlook. Setembro 2010)
- “I'd Rather Not Be Anna”. (The Hindu. Agosto 2011)
- “Dead Men Talking”. (Outlook. Outubro 2011)
- “Capitalism: A Ghost Story”. (Outlook. Marzo 2012)
- “Democracy’s Failing Light”. (Outlook. Xullo 2013)
- “A Perfect Day for Democracy”. (The Hindu. Febreiro 2013)
- “The Doctor and the Saint: Ambedkar, Gandhi and the Battle Against Caste” Arquivado 09 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.. (Caravan. Marzo 2014)
- “India’s Shame” Arquivado 22 de xuño de 2017 en Wayback Machine.. (Prospect Magazine. Decembro 2014)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.chitram.org/mallu/ar.htm Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine. . Título: ARUNDHATI ROY - A LIFE FULL OF BEGINNINGS AND NO ENDS. Publicado=chitram.org. Data do acceso o 20 de agosto de 2012
- ↑ "O deus das pequenas cousas". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-26.
- ↑ Jean Drezet (24 Outubro 2015). "The dark underbelly of state capitalism in India". The Lancet 386 (10004): 1620. doi:10.1016/S0140-6736(15)00543-7.