Antía Veres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Da esquerda á dereita, Celia Recarey, Andrea Barreira e a tradutora Antía Veres durante o relatorio "Tradución das clásicas ao galego, de Mary Wollstonecraft a Virginia Woolf", como parte das actividades da SELIC 2017.

Antía Veres Gesto, nada en Guitiriz o 19 de xuño de 1990, é unha tradutora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en 2013 en Tradución e Interpretación (especialidade inglés-galego) pola Universidade de Vigo, e en 2014 foi premio extraordinario fin de carreira pola dita universidade. Dende ese mesmo ano, traballou na empresa privada Globalingua Translation, con sede en Vigo, lugar de residencia de Veres, e na Coruña[1]. Noutra orde de cousas, colaborou profesionalmente co proxecto Trasno e fixo voluntariado para a asociación sen fins de lucro Tradutores sen Fronteiras.

Foi unha das fundadoras da asociación Trabalingua da Universidade de Vigo (2009) da cal foi presidenta entre os anos 2011 e 2012.

Obras traducidas[editar | editar a fonte]

Outras publicacións[editar | editar a fonte]

  • "Como traducimos nas cidades divididas?", Viceversa, nº19-20 (2014).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Páxina web da empresa, pestana "Quen somos".
  2. Premio 2013 de tradución da Universidade de Vigo, en Laxastraducidas.
  3. Vernon Lee. Un amante fantasma, entrada no blog "Revolta da Freixa" o 16 de abril de 2017.
  4. Antía Veres gaña o I Premio Realia de Tradución, nova recollida na páxina web do Concello de Santiago o 20 de abril de 2017.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]