Arthur C. Clarke
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2018.) |
Arthur C. Clarke | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Arthur Charles Clarke |
Alcume | Charles Willis e E.G. O'Brien |
Nacemento | 16 de decembro de 1917 (105 anos) |
Minehead, Somerset, ![]() | |
Falecemento | 19 de marzo de 2008 (90 anos) |
Colombo, ![]() | |
Causa | Insuficiencia cardíaca |
Soterrado | Borella Kanattha General Cemetery |
Nacionalidade | Reino Unido |
Etnia | Pobo inglés |
Relixión | Agnosticismo |
Alma máter | King's College de Londres e Richard Huish College, Taunton |
Ocupación | inventor, guionista, enxeñeiro, novelista, escritor de ciencia ficción, explorador, escritor e físico |
Cónxuxe | Marilyn Mayfield (1953–1964) |
Xéneros | Ciencia ficción |
Coñecido/a por | Cita con Rama, The Fountains of Paradise e 2001: A Space Odyssey |
Premios | Comandante da Orde do Imperio Británico, Prêmio Nebula de Melhor Romance, Medalha Stuart Ballantine, Prêmio Kalinga, Premio Marconi, Damon Knight Memorial Grand Master Award, Prêmio Nebula de Melhor Romance, Premio Hugo á mellor novela, Premio Hugo á mellor novela, Knight Bachelor, Science Fiction and Fantasy Hall of Fame, Theodore von Kármán Award, Geffen Award, Sri Lankabhimanya, Premio Hugo ó mellor relato curto, Premio Hugo á mellor presentación dramática, International Fantasy Award e Retro Hugo Award for Best Short Story |
Na rede | |
http://arthurcclarke.org e https://www.clarkefoundation.org | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Sir Arthur Charles Clarke, máis coñecido como Arthur C. Clarke, nado en Minehead, (Somerset) o 16 de decembro de 1917 e finado en Colombo o 19 de marzo de 2008, foi un escritor e inventor británico. Autor de obras de divulgación e ficción científica, como The Sentinel ou 2001: A Space Odyssey.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Xa de pequeno mostrou o seu fascinación pola astronomía, cun telescopio caseiro debuxou un mapa da lúa. Terminados os seus estudos secundarios en 1936, trasládase a Londres. Durante a segunda guerra mundial, serviu na Royal Air Force (Forza Aérea Real) como especialista en radares, involucrándose no desenvolvemento dun sistema de defensa por radar, e exercendo como instrutor da nacente especialidade. Concluída a guerra, publica o seu artigo técnico Extra-terrestrial Relays, no cal senta as bases dos satélites artificiais en órbita xeoestacionaria (chamada, no seu honor, órbita Clarke), unha das súas grandes contribucións á ciencia do século XX. Este traballo valeralle numerosos premios, bolsas e recoñecementos.
Nese período estuda matemáticas e física no prestixioso King's College de Londres, estudos que finalizou con honores. Tamén exerceu varios anos como presidente da Sociedade Interplanetaria Británica (BIS), feito que demostra a súa grande afección pola astronaútica.
A súa sona mundial consolidouse coas súas intervencións na televisión: na década dos 60, como comentarista da CBS das misións Apolo; e na década dos 80, grazas a un par de series de televisión que realizou.
Tamén son coñecidas as súas famosas leis de Clarke, publicadas no seu libro de divulgación científica Perfís do Futuro (1962). A máis popular (e citada) delas é a chamada "Terceira Lei de Clarke": Toda tecnoloxía dabondo avanzada é indistinguible da maxia.
Desde 1956 viviu na illa de Sri Lanka (antiga Ceilán), polo seu interese pola fotografía e a exploración submarina.
Tamén no seu honor prestou o seu nome a un asteroide, 4923 e unha especie de dinosauro Ceratopsian, o Serendipaceratops arthurcclarkei descuberto en Inverloch, Australia.
Clarke e a ficción científica[editar | editar a fonte]
Comezou a escribir ficción científica ao finalizar a guerra. O primeiro conto publicado foi Partida de Rescate, que apareceu no o número de maio de 1946 de Astounding e que lle serviu como punto de partida dunha frutífera carreira. Entre os seus primeiros relatos destaca O sentinela (The Sentinel), que serviu de base para a súa novela 2001: Unha odisea do espazo (1968) e para a película do mesmo nome do director Stanley Kubrick.
Pódense diferenciar claramente tres etapas na súa produción:
- As novelas utópico/humanistas dos anos 50, principalmente O fin da infancia, A cidade e as estrelas e a propia 2001: Unha odisea do espazo
- O rigor científico dos anos 70, pola que será incluído entre os autores de ficción científica dura, con obras como Cita con Rama e sobre todo The Fountains of Paradise
- Unha última etapa a finais dos 80 e nos 90, onde Clarke comparte a autoria dos seus principais títulos, pechando as grandes sagas (RAMA e 2001), véndose un perfil claramente político/social como en "Factor Detonante" ou "Sismo Grado 10", sen perder o carácter de obra de ficción científica.
Estilo[editar | editar a fonte]
Moitos dos seus relatos iniciais xiran ao redor dunha trama científica, á que gustaba de adornar cun final sorprendente. Resolve a maioría das súas obras cun ton xeralmente aséptico, sen floreos nin artificios, deixando que sexan as ideas encerradas as que manteñan a atención do lector. Este estilo só se rompe para permitir certo grao de fino humor elaborado.
En canto aos seus temas, xiran en torno a dúas ideas fundamentais: optimismo polos beneficios do progreso científico (polo que destacou nunha época de certo desalento tralo lanzamento das bombas atómicas), e o encontro con especies e culturas superiores (sempre nun ton moi paternalista).
Como divulgador científico, foi sempre comparado (e equiparado) pola súa claridade e amenidade con outro coetáneo: Isaac Asimov.
Bibliografía[1][editar | editar a fonte]
Novela[editar | editar a fonte]
- The Sands of Mars (1951)
- Prelude to Space (1953)
- Childhood's End (1953)
- The City and the Stars (1956)
- A Fall of Moondust (1961)
- 2001: A Space Odyssey (1968)
- Cita con Rama (Rendezvous with Rama, 1972)
- A Meeting with Medusa (Nebula Award for best novella) (1972)
- Imperial Earth (1975)
- The Fountains of Paradise (1979)
- 2010: Odyssey Two (1982)
- The Songs of Distant Earth (1986)
- 2061: Odyssey Three (1987)
- 3001: The Final Odyssey (1997)
- The Light of Other Days (2000) (con Stephen Baxter)
Relatos[editar | editar a fonte]
- Expedition to Earth (1953)
- Reach for Tomorrow (1956)
- Tales from the White Hart (1957)
- The Other Side of the Sky (1958)
- Tales of Ten Worlds (1962)
- The Nine Billion Names of God (1967)
- The Wind from the Sun (1972)
- The Best of Arthur C. Clarke (1973)
- The Sentinel (1983)
- The Collected Stories of Arthur C. Clarke (2001)
Non ficción[editar | editar a fonte]
- Interplanetary Flight: an introduction to astronautics. Londres: Temple Press, 1950
- The Exploration of Space. Nova York: Harper, 1951
- Voice Across the Sea. Nova York: Harper, 1958
- Voices from the Sky: Previews of the Coming Space Age. Nova York: Harper & Row, 1965
- Astounding Days: A Science Fictional Autobiography. Londres: Gollancz, 1989
- Greetings, Carbon-Based Bipeds! : Collected Works 1934-1998. Nova York: St. Martin's Press, 1999
Premios[editar | editar a fonte]
- Nébula de 1973, Hugo, Premio Locus e Premio John W. Campbell Memorial de 1974 á mellor novela por Cita con Rama
- Premio Hugo de 1980 á mellor novela por Fountains of Paradise
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Trátase unicamente dunha escolma, e polo tanto a listaxe é incompleta.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arthur C. Clarke |