Leis de Clarke
Aparencia
As leis de Clarke son tres leis que o escritor británico de ciencia ficción Arthur C. Clarke (1917-2008) formulou ao redor do avance científico, e enuncian o seguinte:
- Cando un ancián e distinguido científico afirma que algo é posible, é case seguro que está no correcto. Cando afirma que algo é imposible, moi probablemente estea equivocado.
- A única maneira de descubrir os límites do posible é aventurarse un pouco máis aló, cara ao imposible.
- Calquera tecnoloxía o suficientemente avanzada é indistinguible da maxia.
Clarke formulou a primeira destas leis no ensaio Hazards of Prophecy: the Failure of Imagination, que se atopa no libro Profiles of the Future (1962).
Nunha edición revisada dese mesmo libro (de 1973), Clarke desenvolveu a segunda lei e propuxo a terceira, coa idea de redondear o número: «Se tres leis foron suficientes para Newton, modestamente decido parar aquí», agregou.
Destas leis, a máis amplamente coñecida é a terceira.