Órbita xeoestacionaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Órbita xeoestacionaria. Unha persoa observando desde a Terra en rotación (nun punto fixo) pensaría que o satélite é un punto fixo do ceo.
Vista de dous satélites xeoestacionarios.

A órbita xeoestacionaria (ou GEO polas súas siglas en inglés) é unha órbita xeosíncrona circular que pasa directamente de oeste a leste seguindo o ecuador terrestre (latitude 0°), a 35.786 km de altura, acompañando sempre co mesmo período orbital o movemento de rotación da Terra. As características desta órbita convértena en ideal para satélites de comunicación permitíndolles permanecer fixos respecto a un punto da Terra. As localizacións dos distintos satélites xeostacionarios só varían en lonxitude, xa que a súa latitude é sempre 0º (están todos sobre o ecuador).

Historia[editar | editar a fonte]

O concepto de órbita xeoestacionaria foi creado polo ruso Konstantin Tsiolkovskii o principio do século XX,[Cómpre referencia] que escribiu textos de ciencia e ciencia-ficción sobre viaxes espaciais. En 1920 Herman Potocnik descríbe unha órbita dunha estación espacial situada a unha altitude 35.900 km que ten un período de rotación igual ao da rotación da Terra, polo que parece flotar nun punto fixo no ecuador da Terra.

Pero a persoa que popularizou a idea foi Arthur C. Clarke que, nun artigo publicado en 1945, suxeria que foguetes estacionarios poden dar cobertura de radio, suxerindo que unha rede de tres satélites intercalados no ecuador terrestre permitirían dar cobertura de radio a toda a superficie da terra.

O Syncom 3, lanzado en 1964, converteuse no primeiro satélite xeoestacionario, cumprindo o que vaticinara Clarke case 20 anos antes.

Principais usos[editar | editar a fonte]

As órbitas destes satélites teñen unha altitude de 35.786 km sobre o nivel do mar, e a súa órbita segue sempre a do ecuador terrestre. Un só satélite xeoestacionario permite dar cobertura ao 42 % da superficie terrestre, e unha constelación de satélites poden dar cobertura á zona situada entre as latitudes 81°N e 81°S. Emprégase principalmente para satélites de comunicación e meteorolóxicos.

Limitacións[editar | editar a fonte]

Co tempo, ao ser a órbita xeoestacionaria moi usada, acabou por ter problemas de espazo para situara tantos satélites, polo que sepoden dar interferencias ou choques entre eles. Para evitar isto os satélites teñen combustible para volver á súa posición corrixindo as desviacións de posición quese puideran producir, orixinadas pola forza de atracción da Terra a Lúa é o Sol. Non obstante, cando o seu combustible se esgota, estes satélites poden representar unha amenza para outros satélites. Para evitalo, antes de que isto se produza, elévase o satélite a unha altitude máis alta, evitando danos noutros satélites.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]