Arquipélago de Hawai
Hawaiian Islands (en) | ||||
Epónimo | John Montagu, 4.º Conde de Sandwich (pt) e Illa de Hawai | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Estados Unidos de América | |||
Estado federado | Hawai | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 16.636 km² | |||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Altitude | 4.205 m | |||
Punto máis alto | Mauna Kea (4.207,3 m) | |||
Organización política | ||||
Membro de | ||||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
O arquipélago de Hawai (en inglés Hawaiian Islands) é un arquipélago está formado por dezanove illas e atois (antes coñecidas como illas Sandwich), ademais de illotes, arrecifes e bancos de area, nunha aliñación do noroeste ao sueste ao longo de 2.400 km no Pacífico Norte. O arquipélago toma o nome da illa máis grande, Hawai, que á vez é a máis oriental e pertence ó estado de Hawai, Estados Unidos.
As illas do arquipélago son as cimas que sobresaen dunha gran serra submarina formada pola actividade volcánica. Situado a 3.000 km, aproximadamente, do continente máis próximo, América, é o arquipélago máis illado da Terra.
Illas
[editar | editar a fonte]De leste a oeste són as seguintes:
Ecoloxía
[editar | editar a fonte]As illas Hawai teñen unha gran cantidade de especies endémicas. A fauna e a flora desenvolvéronse case en completo illamento durante 70 millóns de anos. O primeiro contacto humano cos polinesios, introduciu novas árbores, plantas e animais. A poboación crecente deu inicio á deforestación e a degradación do ecosistema. Como resultado, algunhas especies extinguíronse.
A chegada dos europeos tivo un grande impacto coa promoción a grande escala da agricultura de monocultivo para a exportación, a introdución do gando e o desenvolvemento urbano. Hoxe en día moitas das especies endémicas que queden están en perigo de extinción.
Clima
[editar | editar a fonte]As illas son máis húmidas no norte e ao leste, a sobreviento dos ventos alisios, onde hai máis precipitación. As áreas litorais en xeral, e especialmente no sur e ao oeste ou sotavento, son máis secas. A maioría de áreas turísticas están no litoral de sotavento das illas.
A maioría de choivas concéntranse entre os meses de outubro e abril. Sendo a estación máis seca de maio a setembro, pero con risco de furacáns.
A temperatura media ao nivel do mar varía entre os 29 e os 32 °C no verán e entre os 18 e os 21 °C no inverno. A temperatura diminúe coa altitude e, de feito, as tres montañas máis altas, Mauna Kea, Mauna Loa e Haleakala, cóbrense de neve no inverno.
Os tsunamis poden afectar ás illas Hawai. Historicamente, a cidade de Hilo, na illa de Hawai, recibiu o impacto de tsunamis acentuados pola forma da baía onde está situada.
Furacáns
[editar | editar a fonte]A tempada de furacáns nas illas Hawai afai ser de xullo a novembro, momento en que os furacáns e as tormentas tropicais son máis frecuentes no pacífico. Estas tormentas tenden a orixinarse na costa de México (en concreto na península da Baixa California).
Hawai está protexida do vasto océano Pacífico, xa que a medida que as tormentas cruzan o Pacífico tenden a perder forza se topan con masas de auga fría. Pénsase que a topografía das illas máis altas (Haleakal? en Maui, Mauna Kea e o Mauna Loa na Grande Illa) poden protexer as illas, e é certo que Kauai foi golpeada máis a miúdo nos últimos 50 anos que as outras.