Illa Necker
Necker | |
---|---|
Vista da illa | |
![]() | |
Datos | |
Capital | |
País | Estados Unidos |
Localización | Océano Pacífico |
Arquipélago | Arquipélago de Hawai |
Linguas | |
Poboación (2009) | Deshabitada |
Superficie | 0,182 km² |
Densidade | |
Coordenadas | 23°34′N 164°42′O / 23.567, -164.700Coordenadas: 23°34′N 164°42′O / 23.567, -164.700 |
Maior Altura | 84 m. Summit Hill |
Localización | |
![]() |
- Tamén hai unha illa Necker nas Illas Virxes Británicas.
A illa Necker (en hawaiano Mokumanamana) é unha das illas de Sotavento de Hawai. Está situada a 240 km ao oeste de Nihoa. Necker é unha illa de roca volcánica rodeada de arrecifes, con forma de anzol. A superficie total é de 0´18 km² e a altitude máxima é de 84 metros no Summit Hill.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Atopáronse numerosos restos arqueolóxicos, destacando 33 plataformas cerimoniais (heiau) e unhas figuras de pedra dun estilo relacionado coas illas Marquesas. Os antropólogos especulan que estas imaxes poden ser unha mostra da cultura hawaiana orixinal, logo da chegada migratoria polinesia desde Tahití nos séculos XII ou XIII. Cando arribou o francés Jean-François de La Pérouse en 1786, a illa había tempo que estaba deshabitada. Bautizouna en honra do ministro de Finanzas, Jacques Necker e describiuna como «unha rocha espida cuberta de excrementos de aves». A denominación hawaiana, Mokumanumanu, que significa 'illa de moitas aves', é do século XX.