Atol Kure
| Tipo | Atol reef island (en) | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | Illas de Sotavento, Hawai | |||
| Situado na entidade xeográfica | Hawai | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | condado de Honolulu, Estados Unidos de América | |||
| ||||
| Bañado por | océano Pacífico | |||
| Características | ||||
| Superficie | 0,884 km² | |||
O atol Kure (en hawaiano Mokupāpapa, historicamente Ocean Island) forma parte das illas de Sotavento de Hawai. Está situado no extremo oeste do arquipélago, a 91 km ao oeste de Midway.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Kure é o atol máis setentrional do mundo. Está cerca do que se chama "punto Darwin", a latitude onde o crecemento dos arrecifes de coral é igual ás forzas que provocan a súa erosión. O atol ten unha forma case circular de 10 km de diámetro. A altitude máxima é de 6,1 metros. Só hai dous illotes significativos ao sur do arrecife, Green Island e Sand Island, formando unha superficie total de 0´86 km².
Historia
[editar | editar a fonte]O atol Kure leva o nome do capitán ruso Kure, que o descubriu en 1827, co barco Moller. A historia de Kure está chea de naufraxios e rescates. En 1837 naufragou o capitán Brown co barco inglés Gledstanes. Durante cinco meses sobreviviron no illote Green. Cos restos do naufraxio construíron unha barca que chegou a Honolulú onde o cónsul británico organizou o rescate. En 1843 repetiuse a mesma historia co baleeiro norteamericano Parker. En 1870 a expedición norteamericana do USS Saginaw, que fora ao atol Midway, decidiu explorar Kure por se atopaba algún náufrago. Estragouse o motor e estampáronse contra os arrecifes. Cinco voluntarios fixeron a viaxe en barca ata Kauai, pero chegaron tan extenuados que envorcaron na praia e só sobreviviu un.
En 1886 o rei Kalākaua tomouna en posesión polo reino de Hawai co nome de Moku Papapa. Construíron un refuxio con provisións para os posibles náufragos. Durante a segunda guerra mundial construír unha base militar e unha estación de transmisión de radio para a navegación.
