Lisianski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lisianski
Vista da illa
Vista aérea de Lisianski
Datos
Capital
País Estados Unidos
Localización Océano Pacífico
Arquipélago Arquipélago de Hawai
Linguas
Poboación (2009) Deshabitada
Superficie 1´56 km²
Densidade
Coordenadas 26°2′N 174°0′O / 26.033, -174.000
Maior Altura 12 m.
Localización
Localización de Lisianski

A illa Lisianski (en hawaiano Papa'poho) é unha das illas de Sotavento de Hawai. Está situada a 220 km ao oeste de Laysan.

Lisianski é unha illa baixa de orixe volcánico moi erosionada. A superficie total é de 1´56 km², pero unidos á illa están os baixos Neva, que abastan unha área duns 979 km².

A illa leva o nome de Urey Fedorovich Lisiansky, comandante ruso do Neva, que participaba na expedición de Adam Krusenstern, a primeira expedición rusa que deu a volta ao mundo. Lisiansky separouse da expedición e encalló en 1805 nesta illa. Logo dalgunhas variacións na transcrición do nome ruso, fixouse oficialmente como Lisianski Island.

Do mesmo xeito que Laysan, a illa Lisianski foi cedida polo reino das Hawaii para a explotación do guano e cazáronse moitas aves para comerciar coas plumas. En 1909, o presidente Theodore Roosevelt, incluír na reserva natural para a protección de aves.