Gardner Pinnacles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gardner Pinnacles
Vista da illa
Datos
Capital
País Estados Unidos
Localización Océano Pacífico
Arquipélago Arquipélago de Hawai
Linguas
Poboación (2009) Deshabitadas
Superficie 0,024 km²
Densidade
Coordenadas 25°1′N 167°59′O / 25.017, -167.983
Maior Altura 52 m
Localización
Gardner Pinnacles

Os Gardner Pinnacles (en hawaiano Pūhāhonu) son dúas rocas das illas de Sotavento de Hawai. Están situadas a 174 km ao noroeste de French Frigate Shoals.

Constan de tres pináculos cónicos de orixe volcánica de 90, 100 e 170 metros de altitude. Dous deles están unidos á mesma rocha separada 100 metros da outra. A superficie total é de 0,02 km². Están poboados por 12 especies de aves tropicais.

As rocas foron descubertas o 2 de xuño de 1820, polo capitán estadounidense Joseph Allen, do barco Maro de Nantucket, o primeiro baleeiro que chegara ao porto de Honolulú. Diferentes barcos describiron Gardner Pinnacles durante o século XIX cos nomes de Man-of-War Rock ou Pollard Rock.