Fragata Francesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "French Frigate Shoals")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
French Frigate Shoals
Atol
Datos
País Estados Unidos
Illa principal Tern Island
Linguas
Poboación (2009) Deshabitada
Superficie 25 ha
Superficie lagoa 450 km² km²
Nº de illas 13
Coordenadas 23°45′N 166°10′O / 23.750, -166.167
Maior Altura
Localización
Localización do atol
Mapa dos French Frigate Shoals

French Frigate Shoals (en hawaiano Mokupapapa) son os restos dun atol medio mergullado nas illas de Sotavento de Hawai. Está situado practicamente no medio do arquipélago, a 160 km ao noroeste da illa Necker.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O atol ten forma de media lúa de 29 km de longo. Consiste nuns arrecifes rochosos e 12 illotes de area na lagoa aberta. Destacan Tern Island, Disappearing Island, East Island, Gin Island, Little Gin Island. No medio hai un pináculo de lava de 36 metros de altitude, La Perouse Pinnacle, o único resto da orixe volcánica. A superficie total das terras emerxidas é de 0´25 km², en cambio a área dos arrecifes coralinos ocupa 938 km².

O atol ten unha gran variedade de aves e unha poboación importante de focas e tartarugas. Nos arrecifes hai unha gran diversidade de peixes e algas.

Historia[editar | editar a fonte]

La Perouse

French Frigate Shoals, literalmente Baixos da Fragata Francesa, foi descuberto polo francés Jean-François de La Pérouse, o 6 de novembro do 1786. Estivo a piques de encallar as dúas fragatas da súa expedición, Broussole e Astrolabe, e bautizou o atol como Basse des Frégates Françaises, pero co tempo foi alternando o singular e o plural.

En 1859, os Estados Unidos tomaron posesión ante a posibilidade da explotación do guano, pero a French Frigate Shoals resultou impracticable.

Finalmente, en 1909 entrou a formar parte da reserva de aves das illas Hawai.

Na Segunda Guerra Mundial os norteamericanos alargaron artificialmente Tern Island para construír unha pista de aterraxe de 1.000 metros. Utilizábase como pista de aterraxe de urxencia para os voos entre Hawai e o atol de Midway.