Arrecife Maro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 25°25′N 170°35′O / 25.417, -170.583

Imaxe do satélite

O arrecife Maro, en inglés Maro Reef e en hawaiano Nalukākala, é un labirinto de arrecifes coralinos das illas de Sotavento de Hawai. Está situado a 1.370 km ao noroeste de Honolulú. O arrecife é o que queda dun atol mergullado que queda a nivel da auga coa marea baixa. É o arrecife máis grande de Hawai, con 37 especies de coral. Foi descuberto en 1820, polo capitán norteamericano Joseph Allen. O arrecife foi bautizado co nome do seu barco, o Maro de Nantucket, o primeiro baleeiro que chegou ao porto de Honolulú.