Diocese católica latina de Smolensk
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Diocese de Smolensk Dioecesis Smolenscensis | |
---|---|
—Suprimida en 1818— | |
Datos xerais | |
Erixida | 1 de setembro de 1636 |
Sufragánea de | Gniezno |
Información | |
Ritos | Romano |
A diocese de Smolensk foi unha diocese católica latina entre o Gran Ducado de Lituania e o Imperio Ruso, suprimida en 1818.
Territorio[editar | editar a fonte]
A diocese abranguía orixinalmente parte do Gran Ducado de Lituania, arredor do voivodato de Smolensk. A súa sé era a cidade de Smolensk,[1] onde estaba a catedral da Anunciación da Virxe. Coa conquista rusa quedou a maior parte do territorio baixo incorporado ao Imperio Ruso.
En 1744 a diocese só tiña tres parroquias[1] para un total de 20.000 fieis de rito latino.
Historia[editar | editar a fonte]
A diocese foi erixida en 1611,[1] e no consistorio do 1 de setembro de 1636 recibiu o seu primeiro bispo,[1] como sufragánea da arquidiocese de Gniezno.[2]
Coa conquista rusa na Guerra ruso-polaca (1654-1667) a maioría do territorio pasou a pertencer ao Imperio Ruso, aínda que unha pequena parte ficou no Gran Ducado de Lituania.[1] En 1783 cedeu parte do seu territorio para erixir a arquidiocese de Mahilioŭ.
A diocese foi suprimida definitivamente en 1818, e os seus territorios pasaron a formar parte da arquidiocese de Mahilioŭ.
Episcopoloxio[editar | editar a fonte]
- Petras Parčevskis (1 de setembro de 1636 - 9 de decembro de 1649, nomeado bispo de Samoxicia)
- Franciszek Dołmat Isajkowski (14 de febreiro de 1650 - maio de 1654, finado)
- Hieronim Wladysław Sanguszko (31 de maio de 1655 - xullo de 1657, finado)
- Jerzy Białłozor (18 de marzo de 1658 - 21 de novembro de 1661, nomeado bispo de Vilnius)
- Kazimieras Pacas (14 de xaneiro de 1664 - 3 de outubro de 1667, nomeado bispo de Samoxicia)
- Gothard Jan Tyzenhaus (17 de setembro de 1668 - 1669, finado)
- Aleksander Kotowicz (27 de febreiro de 1673 - 9 de abril de 1685, nomeado bispo de Vilnius)
- Konstanty Kazimierz Brzostowski (30 de abril de 1685 - 24 de novembro de 1687, nomeado bispo de Vilnius)
- Eustachy Stanisław Kotowicz (17 de maio de 1688 - 1704, finado)
- Jan Mikolaj Zgierski (25 de xaneiro de 1706 - 21 de xullo de 1710, nomeado bispo de Samoxicia)
- Aleksander Mikolaj Horain (23 de decembro de 1711 - 7 de decembro de 1716, nomeado bispo de Samoxicia)
- Ludwik Karol Korielsk Ogiński (22 de novembro de 1717 - 1718, finado)
- Karol Piotr Pancerzyński (24 de setembro de 1721 - 11 de setembro de 1724, confirmado bispo de Vilnius)
- Bogusław Korwin Gosiewski (29 de xaneiro de 1725 - 24 de xuño de 1744, finado)
- Jerzy Mikołaj Hylzen (10 de maio de 1745 - 17 de xullo de 1763, renuncia)
- Gabriel Wodzyński (17 de xullo de 1763 - 28 de novembro e 1788, finado)
- Adam Stanisław Naruszewicz (28 de novembro de 1788 - 29 de novembro de 1790, nomeado bispo de Lutsk)
- Tymoteusz Pawel von Gorzeński (29 de novembro de 1790 - 27 de marzo de 1809, confirmado bispo de Poznań)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 New Catholic Encyclopedia: Jud-Lyo 8 (Universidade Católica de América ed.). Thomson/Gale. 2003. p. 606. ISBN 9780787640040.
In 1611, after Smolensk fell to Lithuania, a Latin diocese was established there; in 1636 it received its first bishop. After Smolensk was retaken by Moscow in 1654, there remained only three parishes on the Lithuanian side. Nevertheless, the diocese survived until 1798; the bishops of the diocese resided generally in Vilnius
- ↑ Kloczowski, Jerzy (2000). A History of Polish Christianity. Cambridge University Press. p. 136. ISBN 9780521364294.
[...] while Wroclaw was part of the province of Gniezno [...] just like the [...] dioceses of Smolensk and Livonia [...]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |