Arquidiocese católica latina de Riga
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Província eclesiástica católica (pt) | Ecclesiastical province of Riga (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.201.975 (2017) (50,96 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua letoa | ||||
Relixión | Igrexa católica | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Diocese | (Ecclesiastical province of Riga (en) ) | ||||
Superficie | 23.587 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 25 de outubro de 1923 | ||||
Catedral | Catedral de São Tiago (pt) | ||||
Páxina web | katolis.lv… |
A arquidiocese de Riga é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2010 tiña 220.000 bautizados sobre unha poboación total de 1 230 000 habitantes. O seu arcebispo dende 2010 é Zbigņev Stankevičs.
Territorio
[editar | editar a fonte]A arquidiocese abrangue a parte nororiental de Letonia, que corresponde coa rexión histórica da Livonia. A sé arcebispal é a cidade de Riga, onde está a Catedral de Santiago.
O territorio está organizado en 73 parroquias.
Historia
[editar | editar a fonte]Sé medieval
[editar | editar a fonte]En 1186 foi erixida a diocese de Üxküll (en letón, Ikšķile), onde san Meinardo construíra a primeira igrexa da Livonia; e orixinariamente a diocese era sufragánea da arquidiocese de Hamburgo-Bremen. O segundo bispo de Üxküll, o cisterciense Bertoldo, trasladou a sé episcopal a Riga, e a diocese mudou o seu nome polo de diocese de Riga en 1202. No mesmo ano, Albrecht von Buxthoeven fundou a orde de cabalaría da Milicia de Cristo de Livonia co propósito de cristianizar a rexión, daquela terra de fronteira entre pobos cristiáns e pagáns.
Nos anos seguintes cedeu territorios en varias ocasións para erixir novas dioceses: Lihula (1211), Curlandia (1219), Wierland (1220), e Ösel-Wiek (1228). En 1251 incorporou o territorio da suprimida Semigalia.
O 20 de xaneiro de 1255, coa bula Primatuum cathedras, o papa Alexandre IV elevou a Riga ao rango de arquidiocese metropolitana.
Logo da Reforma protestante, Letonia adoptou o luteranismo en 1561, o principado eclesiástico foi secularizado e a arquidiocese foi suprimida. No momento da súa supresión, a metrópole de Riga tiña as seguintes sés sufragáneas: Chełmno, Curlandia, Ösel-Wiek, Pomesania, Sambia, Dorpat, Reval e Varmia.
Sé restaurada
[editar | editar a fonte]A diocese foi restaurada o 22 de setembro de 1918, en territorios até entón parte da arquidiocese de Mahilioŭ. Inicialmente, a súa xurisdición abranguía case a totalidade do territorio da república de Letonia.
En 1920 ampliou a súa xurisdición aos territorios da diocese de Samoxicia que estaban en territorio letón.
O 25 de outubro de 1923 foi elevada ao rango de arquidiocese co decreto Quum dioecesis Rigensis da Congregación Consistorial. Esta decisión era consecuencia do concordato entre o goberno letón e a Santa Sá do 30 de maio de 1922. O mesmo acordo estebeleceu que correspondía ao goberno letón proporcionar á diocese unha catedral e dun inmoble adaptado para ser a sé do arcebispado.
Logo dun referendo celebrado nos días 1 e 2 de setembro de 1923, a igrexa luterana de Santiago foi cedida á Igrexa Católica, e pasou a ser a nova catedral da arquidiocese.
O 1 de novembro de 1924 cedeu parte do seu territorio para erixir a administración apostólica de Estonia.
O 8 de maio de 1937 cedeu outra parte do seu territorio para erixir a diocese de Liepāja, e pola bula Plurimum sane do papa Pío XI foi elevada ao rango de arquidiocese metropolitana.
No período soviético, a arquidiocese de Riga pasou un longo período de sé vacante, entre 1958 e 1991.
O 2 de decembro de 1995 cedeu novamente territorios para erixir a diocese de Rēzekne-Aglona.