Arquidiocese católica latina de Moscova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Arquidiocese da Nai de Deus en Moscova
Archidioecesis Moscoviensis Matris Dei
Moscow, Catholic Church in Presnya.jpg
Datos xerais
Erixida 13 de abril de 1991
Localización Rusia
Sufragáneas Irkutsk, Novosibirsk, Saratov
Estatísticas
Poboación
- Fieis
- Total

200.000 (0,3%)
58 820 000
Información
Ritos Romano
Xerarquía
Papa Francisco
Arcebispo metropolitano Paolo Pezzi
Outros datos
Map of Roman Catholic Archdiocese of Moscow.PNG

A arquidiocese da Nai de Deus en Moscova (en latín: Archidioecesis Moscoviensis Matris Dei; en ruso: Архиепархия Божией Матери в Москве) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2004 tiña arredor de 200.000 bautizados sobre unha poboación total de 58 820 000 habitantes. Dende 2007, o seu arcebispo é Paolo Pezzi.

Territorio[editar | editar a fonte]

A arquidiocese abrangue un amplo territorio, correspondente á parte setentrional e central da Rusia europea. A sé arcebispal é a cidade de Moscova, onde está a catedral da Nai de Deus. O territorio está organizado en 63 parroquias.

Historia[editar | editar a fonte]

O 13 de abril de 1991 foi erixida a administración apostólica da Rusia europea, en territorios até entón pertencentes á diocese de Vladivostok.

O 30 de decembro de 1993 cedeu parte do seu territorio para erixir a administración apostólica do Cáucaso.

O 23 de novembro de 1999 mudou o seu nome polo de administración apostólica da Rusia europea setentrional, e cedeu parte do seu territorio para erixir a administración apostólica da Rusia europea meridional.

O 11 de febreiro de 2002 foi elevada ao rango de arquidiocese metropolitana, e mudou o seu nome polo de Nai de Deus en Moscova.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Administradores apostólicos da Rusia europea
Administradores apostólicos da Rusia europea setentrional
Arcebispos metropolitanos da Nai de Deus en Moscova

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]