Chourizo (crustáceo)
Chourizo Aristaeomorpha foliacea | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Aristaeomorpha foliacea (Risso, 1827)[1] | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
O chourizo[2] (Aristaeomorpha foliacea (Risso, 1827)[1] é un crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos e familia dos aristeidos.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1827 polo naturalista nizardo Giuseppe Antonio Risso, coñecido como Antoine Risso,[3] baixo o nome de Penaeus foliacea.[1]
Ao longo da historia coñeceuse polos seguintes sinónimos:[1]
- Aristaeomorpha giglioliana Wood-Mason, 1892
- Aristaeomorpha mediterranea Adensamer, 1898
- Aristaeomorpha rostridentata (Spence Bate, 1888)
- Aristeus japonicus Yokoya, 1933
- Aristeus rostridentatus Spence Bate, 1881
- Penaeus meridionalis Hope, 1851
Nomes galegos
[editar | editar a fonte]Para Aristaeomorpha foliacea rexístranse, na bibliografía galega, os seguintes nomes:
- No seu Inventario, Ríos Panisse recolle chouriso en tres localidades, cos castelanismos chorizo en dúas, e chorizón noutra; e carabinero (un castelanismo) noutros tres portos.[2]
- Pola súa parte, Rosa Ramonell, na súa Guía, dálle os nomes de gamba roxa e chourizo.[4]
- Finalmente, Lahuerta e Vázquez, no seu Vocabulario, adxudícanlle o de gamba vermella.[5]
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha gamba de dimensións medias, de entre 15 a 20 cm, pero que pode chegar a medir atá 22,5 cm.[6][7] Os machos son un pouco máis pequenos que as femias e non chegan aos 20 cm.
O seu rostro é moi curto[8] e, como en todos os crustáceos pertencentes ao xénero Aristaeomorpha, presenta máis de 4 dentes na parte dorsal.[9]. Nos exemplares feminimos o número de dentes é de 5 a 6.[8]
A casca do cefalotórax é robusta e está provista de espiñas, e é dunha cor vermella escura avelulada. O abdome é longo, cos segmantos terceiro a sexto aquillados dorsalmente e rematado por detrás nunha aguda e pequena espiña.[6] Presenta cinco apéndices natatorios e o último segmento abdominal termina nunha cola (telson) con forma de abano.[10] O telson é estreito, e está rematado en punta aguda. Os pleópodos teñen forma de látego groso e segmentado, e os uropodios son amplos e laminados.[6]
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]É unha especie típica de fondos fangosos,[7] difundida por todos os océanos.[11]
Vive en grupos a profundidades superiores aos 200 m,[6] normalmente entre os 250 e os 1.300 m,[7] en augas con temperaturas ao redor dos 13,5 °C.[6]
No Atlántico oriental distribúese desde o golfo de Biscaia até as costas africanas desde Marrocos até Suráfrica.[6] É común no Mediterráneo, desde España até Grecia.[1] En España o maior volume de pesca acádase nas rexións pesqueiras suratlántica, levantina e tramontana.[12]
Tamén se pesca no golfo de México, en Australia, Nova Zelandia e tamén no Xapón e nas illas Canarias.[1]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Alimentación
[editar | editar a fonte]Ten unha dieta composta principalmente de invertebrados mariños, especialmente dos que compoñen o krill.[13]
Reprodución
[editar | editar a fonte]Reprodúcese en verán.
Pesca
[editar | editar a fonte]Esta especie péscase con artes de arrastre de profundidade; por iso, a súa presenza nos mercados aínda é recente. A maioría destas gambas que vemos nas lonxas galegas procede da rexión suratlántica e de Marrocos [Cómpre referencia], a onde van pescalas os barcos galegos. Comercialízase fresca e conxelada.[12]
Péscase frecuentemente no Mediterráneo, sobre todo en España e Italia.[8] Tamén se captura amplamente en Alxeria e Israel, así como en Nova Zelandia.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Aristaeomorpha foliacea (Risso, 1827) no WoRMS.
- ↑ 2,0 2,1 Ríos Panisse, Mª C. (1977), p. 20.
- ↑ Na obra: Risso, A. (1827): "Sur quelques nouveaux Crustacés observés dans la mer de Nice". Journal de Physique, de Chimie et d’Histoire Naturelle 95: 242-248.
- ↑ Ramonell, R. (1985), p. 206.
- ↑ Lahuerta e Vázquez (2000), p. 227.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Ramonell, R. (1985), p. 207.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 Holthuis (1980), p. 8.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 Luther & Fiedler (2012), p. 112.
- ↑ Fischer, W. & G. Bianchi (1984), p. 3.
- ↑ Fischer, W. & G. Bianchi (1984), p. 1.
- ↑ "Aristaeomorpha foliacea". Consultado o 17 de agosto de 2014.
- ↑ 12,0 12,1 Ramonell, R. (1985), p. 208.
- ↑ Aristaeomorpha foliacea, giant red shrimp. SeaLifeBase Consultada o 17 de agosto de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chourizo |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Chourizo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Costello, M. J., Emblow, C. & White, R. J. (eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0.
- Fischer, W.; Bianchi, G. (1984). "Aristeidae" (PDF). FAO Species identification sheets for fishery purposes.WESTERN INDIAN OCEAN. Fishing Area 51 (Informe) (en inglés). Roma: FAO Fisheries Department.
- L.B., Holthuis (1980). "Family Aristidae" (PDF). Shrimps and prawns of the world : an annotated catalogue of species of interest to fisheries (en inglés). Rome: Food and Agriculture Organization of the United Nations. ISBN 9789251008966. OCLC 6721103.
- Holthuis, L. B. (1993): The recent genera of the Caridean and Stenopodidean shrimps (Crustacea, Decapoda): with an appendix on the order Amphionidacea. Leiden: Nationaal Natuurhistorisch Museum. ISBN 90-73239-21-4.
- Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
- Luther, Wolfgang & Kurt Fiedler (2012): Guida alla fauna marina costiera del Mediterraneo. Roma: Franco Muzzio Editore. ISBN 978-8-8741-3226-3. Resumo.
- Raabe, Charles & Linda Raabe (2008): "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary".
- Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-506-3.
- Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2010): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-90-04-16441-3. PDF.
- Tavares, Marcos Domingos: Shrimps. FAO species identification sheets for fishery purposes. Roma: FAO. Ver en PDF Arquivado 24 de setembro de 2014 en Wayback Machine..
- Ríos Panisse, Mª C. (1977): Nomenclatura de la flora y la fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces. Verba, Anejo 7. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Aristaeomorpha foliacea giant gamba prawn en Animal Diversity Web (en inglés) Consultada o 17 de agosto de 2014.
- Aristaeomorpha foliacea Giant Gamba Prawn Arquivado 17 de xullo de 2014 en Wayback Machine. en Encyclopedia of Life (en inglés) Consultada o 17 de agosto de 2014.
- Gambero rosso. Aristaeomorpha foliacea (en italiano) Consultada o 17 de agosto de 2014.