Saltar ao contido

Aristeidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aristeidos
 Nome taxon
    Aristeidae
Imaxe
 Instancia de
Características
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloArthropoda
ClaseMalacostraca
OrdeDecapoda
SuperfamiliaPenaeoidea
FamiliaAristeidae Editar o valor en Wikidata
Wood-Mason, 1891 Aristeidae Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
ITIS96049 Editar o valor en Wikidata
OTT944608 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A dos aristeidos (Aristeidae) é unha familia de crustáceos decápodos carideos pertencente á superfamilia dos peneoideos.

Como os peneidos, son crustáceos moi apreciados na cociña e as máis famosas gambas forman parte desta familia. Aristeus antennatus, coñecida como gamba vermella ou gamba rosada, é unha das especies máis apreciadas.

Características

[editar | editar a fonte]

As principais características dos membros desta familia son:[1]

  • Presentar pedúnculos oculares con tubérculos nas marxes internas.
  • Sucos cervicais que se estenden até a liña media dorsal (ou ás súas proximidades) na casca.
  • Endópodos do segundo par de pleópodos dos machos cun apéndice masculino e un apándice interno, pero non presentan proxecións laterais (por este carácter difiren tanto dos peneidos como dos solenocérídos
  • Dúas artrobranquias ben desenvolvidas nos dous lados do penúltimo segmento torácico.

Teñen unha cor vermella escura, e non viven máis de dous anos. As femias son máis grandes que os machos. En xeral adoitan vivir a gran profundidade, incluso na rexión abisal. Forman grandes concentracións, o que fai que ao seu interese gastronómico se lle engade un especial interese comercial.[2]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita en 1981 por James Wood-Mason, na obra: Wood-Mason, J. & Alcock, A. (1891): "Natural history notes from H.M. Indian marine survey steamer 'Investigator', Commander R.F. Hoskyn, R.N., commanding". Series II, No. 1. On the results of deep-sea dredging during the season 1890-1891. Ann. Mag. Nat. Hist. VIII, Sixth series (XLVI): 268-286.[3]

Esta familia comprende os seguintes xéneros:[3]

  1. ↑ Carpenter, K.E., ed. (2002). "Shrimps". The living marine resources of the Western Central Atlantic. 1. Introduction, molluscs, crustaceans, hagfishes, sharks, batoid fishes and chimaeras. Rome: Food and Agriculture Organization of the United Nations (FAO). ISBN 9251048258. OCLC 52180664.
  2. ↑ Història Natural dels Països Catalans. Enciclopèdia Catalana. Vol 9, "Artròpodes I", p. 343.
  3. 1 2 Aristeidae Wood-Mason in Wood-Mason & Alcock, 1891 no WoRMS.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Costello, M. J., Emblow, C. & White, R. J. (eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0.
  • Fischer, W. & G. Bianchi (1984): "FAO Species identification sheets For Fisheries Purposes: Western Indian Ocean". Capítulo: Aristeidae, Aristeid shrimps. Roma: FAO. Ver en PDF.[Ligazón morta]
  • Holthuis, L. B. (1980): Shrimps and Prawns of the World. An Annotated Catalogue of Species of Interest to Fisheries. FAO species catalogue, volume 1, número 125. FAO Fisheries Synopsis. Ver en PDF[Ligazón morta]
  • Holthuis, L. B. (1993): The recent genera of the Caridean and Stenopodidean shrimps (Crustacea, Decapoda): with an appendix on the order Amphionidacea. Leiden: Nationaal Natuurhistorisch Museum. ISBN 90-73239-21-4.
  • Raabe, Charles & Linda Raabe (2008): "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary".
  • Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2010): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-90-04-16441-3. PDF.
  • Tavares, Marcos Domingos: Shrimps. FAO species identification sheets for fishery purposes. Roma: FAO. Ver en PDF Arquivado 24 de setembro de 2014 en Wayback Machine..

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]