Arethusana arethusa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arethusana arethusa é unha especie de lepidóptero pertencente á familia das Nymphalidae, subfamilia Satyrinae. É a única especie do xénero Arethusana, descrita por Denis & Schiffermüller 1775, Viena, Austria.

Descrición[editar | editar a fonte]

Arethusana arethusa é de cor ocre cunha ancha banda submarxinal amarela laranxa, e un visible ocelo negro no ápice das ás anteriores.

O dorso das anteriores é amarelo alaranxado bordeado máis ou menos amplamente de marrón, co visible ocelo negro discretamente pupilado ao ápice das ás anteriores mentres que o dorso das posteriores está marcado dunha banda clara e de nervaduras brancas ben visibles.

Eiruga[editar | editar a fonte]

A súa eiruga é de cor beige con raias longitudinais cor marrón gastado.[1]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Período de voo e hibernación[editar | editar a fonte]

Univoltina, as Arethusana arethusa voa nunha xeración de mediados de xuño a comezos de setembro.[2]

Plantas hospedeiras[editar | editar a fonte]

As plantas hóspedes da súa eiruga son diversas, como as Festuca, as Dactylis, as Poa e Bromus erectus.[3]

Ecoloxía e distribución[editar | editar a fonte]

Arethusana arethusa está presente en Marrocos, no suroeste de Europa (España, Portugal, Francia), nos Balcáns (Eslovaquia, Albania, Grecia), Turquía e Oriente Medio até Armenia, sur de Rusia e suroeste de Siberia.[2][3]

En Marrocos, é A. arethusa aksouali, que é un endemismo das montañas do Toubkal.[4]

A Arethusana arethusa está presente na maioría dos departamentos da Francia metropolitana exceptuado os departamentos de Bretaña, de Vosgos, de Alto Saona e Alsacia, de Creuse, de Puy-de-Dôme, de Allier e de Alto Loira, de Pas-de-Calais, de Gers e Córsega.[5]

Biotopo[editar | editar a fonte]

A Arethusana arethusa gusta de zonas herbosas, arbustivas, marxes de bosque, e barrancos rochosos, voa até os 1 700 metros.

Sistemática[editar | editar a fonte]

A especie Arethusana arethusa foi descrita por Johann Nepomuk Cosmas, Michael Denis e Ignaz Schiffermüller en 1775, baixo o nome inicial de Papilio arethusa.[6] Foi reclasificada en 1951 polo entomólogo francés Hubert de Lesse no xénero monotípoco Arethusana.

Sinónimia[editar | editar a fonte]

  • Papilio arethusa [Schiffermüller], 1775 Basónimo
  • Papilio erythia Hübner, 1805
  • Hipparchia arethusa [Otakar Kudrna]
  • Arethusana dentata (Frayer, 1834)
  • Satyrus boabdil Rambur, 1840
  • Satyrus dentata Staudinger, 1871

Subespecies[editar | editar a fonte]

  • Arethusana arethusa aksouali Wyatt, 1952 en Marrocos.
  • Arethusana arethusa heptapotamica (Stauder, 1924)
  • Arethusana arethusa pontica (Heyne, [1895].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mazzei, Paolo; Morel, Daniel; Panfili, Raniero (7 de xullo de 1999). "Moths and Butterflies of Europe and North Africa". www.leps.it (en inglés). Consultado o 2023-09-25. 
  2. 2,0 2,1 Tolman & Lewington (2009)
  3. 3,0 3,1 "Arethusana". www.nic.funet.fi. Consultado o 2023-09-25. 
  4. "Arethusana boabdil aksouali Wyatt, 1952". Biodiversité du Maroc. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2012. 
  5. Hoddé, Philippe Mothiron-Claire. "lepinet.fr - Arethusana arethusa - Le Mercure, le Petit Agreste". www.lepinet.fr (en francés). Consultado o 2023-09-25. 
  6. [Schiffermüller], 1775 Ank. syst. Schmett. Wienergegend : 169, no. F. 16

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Tolman, Tom; Lewington, Richard (2009). Guide des papillons d'Europe et d'Afrique du Nord : 440 espèces illustrées en 2000 dessins en couleurs (en francés). París: Delachaux et Niestlé. ISBN 9782603016497. 
  • Higgins, Lionel G.; Riley, Norman D. (1988). Guide des papillons d'Europe: rhopalocère (en francés). PArís: Delachaux et Niestlé. ISBN 978-2-603-00638-2. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]