Saltar ao contido

Festuca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Festuca
 Nome taxon
    Festuca
Carl von Linné 1753 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Tipo taxonómico
 Sinónimo taxonómico
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdePoales
 FamiliaPoaceae
 SubfamiliaPooideae
 XéneroFestuca Editar o valor en Wikidata
L., 1753 Festuca Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/069879 Editar o valor en Wikidata
MeSHD031751 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2777601862 Editar o valor en Wikidata
ITIS40792 Editar o valor en Wikidata
OTT105596 Editar o valor en Wikidata
CoL8VXP2 Editar o valor en Wikidata
EOL108085 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-4000014703 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

Festuca, as festucas[1], é un xénero de gramíneas (ou poáceas)[2] distribuídas nas rexións temperadas e en montañas de rexións tropicais. Comprende unhas 200 especies, moitas das cales considéranse excelentes forraxeiras e se cultivan para tal fin.

Festuca pratensis.

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero Festuca inclúe a herbas perennes, con follas planas, convolutas ou conduplicadas e espículas dispostas en espigas.

As espículas son pauci- ou plurifloras, comprimidas lateralmente, con raquilla artellada por riba das glumas e entre os antecios. As glumas son lineal-lanceoladas ou lanceoladas, agudas, desiguais, sendo menor a gluma inferior. As lemmas son lanceoladas ou oblongo-lanceoladas, membranosas ou papiráceas, arredondadas no dorso, 5-nervadas, agudas, xeralmente arestadas no ápice. A lemma é bicarenada. As flores son hermafroditas ou ben, as superiores masculinas. Os estames son 1 a 3, os estilos son curtos con estigmas plumosos. O cariopse é oblongo ou lineal.

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

Aínda que en agricultura algunhas especies son consideradas malezas, pola súa gran capacidade de rexeneración e a súa resistencia a desaparecer, son un forraxe moi nutritivo para os herbívoros e se utilizan a estas especies para alimento da fauna salvaxe e o gado doméstico e en programas de control para evitar a erosión dos solos.

Son gramíneas achegadas a Lolium moi difundidas e capaces de se adaptar aos máis diversos tipos de solos e climas, moi resistentes ás pisadas, agresivas, invasivas e persistentes. Son plantas pioneiras que sobreviven onde moitas especies leñosas non son quen de facelo e constitúen nalgunhas áreas o único alimento dispoñíbel. Algunhas especies están adaptadas a solos áridos, calcarios, areentos, xesosos, salobres ou tóxicos, con exceso de aluminio, cobre, mercurio e outros metais. En zonas apropiadas forman pradarías mestas.

A súa distribución é mundial, agás na Antártida.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 73–76. 1753.[3] A especie tipo é: Festuca ovina L.

Etimoloxía

O nome do xénero deriva do latín e significa talo de palla, tamén o nome dunha herba má entre o orxo.

Citoloxía

O número cromosómico básico do xénero é x = 7, con números cromosómicos somáticos de 2n = 14, 28, 35, 42, 56 e 70, xa que hai especies diploides e unha serie poliploide. Cromosomas relativamente "grandes".[2]

Híbridos interxenéricos

[editar | editar a fonte]

Téñense descrito híbridos interxenéricos (notoxéneros) entre Festuca con VulpiaFestulpia Melderis ex Stace & R.Cotton), con LoliumFestulolium Ascher & Graebn.) e con BromusBromofestuca Prodan)[2][6]

Pragas e enfermidades

[editar | editar a fonte]

Algunhas especies son parasitadas por fungos endófitos como Neotyphodium, Acremonium ou Claviceps, que se distribúen por toda a planta agás nas raíces e que produce substancias tóxicas alcaloides velenosas para o gado, que en cantidade elevada producen a morte, sendo tamén a causa de malpartos e anomalías físicas como peso baixo, malformacións ou ananismo.

  1. Nome vulgar das especies do xénero en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004; Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009; e Vocabulario ortográfico da lingua galega A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  2. 1 2 3 (en inglés) Watson L, Dallwitz MJ. (2008). "The grass genera of the world: descriptions, illustrations, identification, and information retrieval; including synonyms, morphology, anatomy, physiology, phytochemistry, cytology, classification, pathogens, world and local distribution, and references". The Grass Genera of the World. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2015. Consultado o 2 de febreiro de 2010.
  3. "Festuca". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 15 de febreiro de 2013.
  4. Festuca en PlantList
  5. "Festuca". World Checklist of Selected Plant Families. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 30 de abril de 2014.
  6. Bull. Grad. Bot. UNIV. Cluj 16, 93 (1936)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]