Araucaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Araucarias (xénero Araucaria)
Araucaria angustifolia.
Araucaria angustifolia.
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Araucariaceae
Xénero: Araucaria
Juss.
Especies

Ver texto

Araucaria é un xénero de árbores coníferas da familia Araucariaceae. Existen 19 especies no xénero, cunha distribucións altamente espallada. En Galicia é común atopala en parques e xardíns urbanos e areas residenciais. Comunmente coñécense coma araucarias, aínda que moitas especies reciben en galego o nome de piñeiros, por séren coníferas, pero cómpre non confundilas cos verdadeiros piñeiros, árbores do xénero Pinus.

Moitas das poboacións actuais son relictas.

Atópanse en bosques e estepas, cunha afinidade para os sitios expostos. Estas árbores verticais son fósiles viventes, da idade Mesozoica. Os rexistros fósiles demostran que o xénero tamén estivo antes no hemisferio norte até o final do período Cretáceo.

A especie Araucaria araucana é a árbore nacional do Chile; os nativos mapuches de Chile central e do suroeste da Arxentina utilizan a semente da araucaria coma alimento. Moitas veces tense chamado á araucaria "piñeiro", malia que a súa relación cos piñeiros (Pinus) está moi afastada.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome do xénero, e o común galego, deriva da rexión de América do Sur chamada Arauco, onde moran os nativos mapuches do Chile central e do suroeste da Arxentina.

Distribución[editar | editar a fonte]

Nas Américas atópanse na Patagonia da Arxentina, Chile, e sur e parte do sueste do Brasil e o leste do Paraguai. En 1835, Charles Robert Darwin – na súa viaxe arredor do mundo no HMS Beagle - descubriu un bosque con máis de 52 araucarias fósiles en posición de vida, en Paramillos de Uspallata. En Oceanía na Nova Caledonia (onde trece especies son endémicas), Illa Norfolk, sueste da Australia, Illa de Nova Guinea,

Descrición[editar | editar a fonte]

Son principalmente árbores grandes cun toro ergueito, groso, masivo, acadando unha altura de 30 a 80 m. As pólas acostuman ser horizontais e ben separadas; estando cubertas con follas coriáceas ou aciculares.

Nalgunhas especies, as follas son lanceoladas e de forma estreita, pouco imbricadas, noutras son anchas e planas, amplamente imbricadas. As árbores son sobre todo dioicas, os conos masculinos e femininos preséntanse en árbores separadas.

Os conos femininos, xeralmente na copa da árbore, son globosos, e varían de tamaño segundo a especie a partir dun diámetro de 7 a 25 cm. Conteñen de 80 a 200 sementes, grandes e comestíbeis, semellantes ás torcas de piñeiro, pero maiores. Os conos masculinos son mái miñudos, de 4 a 10 cm, con forma de cilindro, de 1,5 a 5 cm de largo.

Por mor ao seu crecemento tan amodo, non ten a mesma difusión que outras especies de árbores ornamentais, porén é posíbel ver algúns exemplares nos parques e prazas de Galicia e gran parte do mundo.

Usos[editar | editar a fonte]

As araucarias, inclusive o piñeiro do Paraná (Araucaria angustifolia) son excelentes plantas para seren cultivadas coma árboriñas a xeito de 'bonsai' oriental, conforme as antigas tradicións da China e do Xapón.

Adoitan empregarse coma arbores ornamentais en parques e xardíns. En Galicia son comúns na xardinaxe de pazos e cidades.

Clasificación e lista das especies[editar | editar a fonte]

O xénero divídese en dúas seccións, sendo algunhas veces tratados como xéneros separados:

Sección Araucaria[editar | editar a fonte]

Follas extensas; piña con máis de 12 cm de diámetro; xerminación hipoxea da semente.

Sección Eutacta[editar | editar a fonte]

Follas estreitas, forma de furador; piña con menos de 12 cm de diámetro; xerminación epixea da semente.

En Galicia[editar | editar a fonte]

Existen varios exemplares de diferentes especies de araucarias que figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia, o que demostra o seu cultivo ornamental dende hai séculos.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]