Apple Inc.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Apple Inc. (antes, Apple Computer, Inc.) é unha compañía informática norteamericana con sede en Cupertino (California), fundárona Steve Jobs e Stephen Wozniak o 1 de abril de 1976. Apple contribuíu a popularizar a informática nos 70 co seu Apple II e nos 80 co Macintosh. Na actualidade posúe o 5% do mercado mundial dos ordenadores.
Historia
[editar | editar a fonte]Inicio (1976-1980)
[editar | editar a fonte]Apple fundouse o 1 de abril de 1976 por Steve Jobs, Steve Wozniak e Ronald Wayne, para vender o Apple I un kit de ordenador persoal. Os kits foron feitos a man por Wozniak e amosados por primeira vez ao público no Homebrew Computer Club. O Apple I foi vendido como unha placa base (con CPU, RAM, e os chips básicos), menos do que se considera actualmente unha computadora persoal completa. O Apple I saíu á venda en xullo de 1976 e vendíase por un prezo de 666,66 dólares (equivalentes a 2.723 dólares de 2012, axustado pola inflación). O Apple I, foi o primeiro produto de Apple, foi vendido como unha placa de circuíto montado e carecía das características básicas como un teclado, monitor e caixa. O propietario da unidade engadía un teclado e unha caixa de madeira.
Apple foi presentado o 3 de xaneiro de 1977 sen Wayne, que vendera a súa parte da empresa de novo a Jobs e Wozniak por 800 dólares. O multi millonario Mike Markkula proporcionou a súa experiencia empresarial esencial e a financiamento de 250.000 dólares para incorporarse a Apple.
O Apple II foi presentado o 16 de abril de 1977 na primeira Feira de Informática da Costa Oeste. Diferenciábase dos seus principais rivais, o TRS-80 e o Commodore PET, xa que viña con gráficos e caracteres en cor e unha arquitectura aberta. Namentres que os primeiros modelos utilizaban cintas de casete ordinarias como dispositivos de almacenamento, que foron superados pola introdución dunha disqueteira de 5 1/4 polgadas.
O Apple II foi elixido para ser a plataforma de escritorio para a primeira aplicación comercial do mundo dos negocios o VisiCalc, programa como folla de cálculo. VisiCalc creou un mercado de negocio para o Apple II, e déuselles aos usuarios domésticos unha razón adicional para mercar un Apple II a compatibilidade coa oficina. De acordo con Brian Bagnall, Apple exaxeraba as súas cifras de vendas e foise distanciando en terceiro lugar de Commodore e Tandy ata que VisiCalc chegou.
A finais da década de 1970, Apple tiña un cadro de deseñadores de computadoras e unha liña de produción. A compañía presentou o fracasado Apple III en maio de 1980 nun intento de competir con IBM e Microsoft no negocio e mercado da informática empresarial.
Jobs e varios empregados de Apple incluíndo Jef Raskin visitaron Xerox PARC en decembro de 1979 para ver o ordenador Xerox Alto. Xerox deulles acceso tres días ás instalacións de PARC, a cambio de accións. Jobs convenceuse inmediatamente de que tódolos ordenadores do futuro empregarían unha interface gráfica de usuario (GUI) como o que tiña Xerox e que desenvolveu para o novo Apple Lisa.
En 1980, Apple saíu a bolsa, o que xerou máis capital que calquera saída a bolsa desde que Ford Motor Company en 1956 e de inmediato a creación de máis millonarios (ao redor de 300) que calquera outra compañía na historia.
O formato máis usado como nativo por Apple é .ipa
Boot Camp
[editar | editar a fonte]Boot Camp é unha aplicación que permite instalar e manexar Windows nas computadoras de Apple. Este programa só funciona nos ordenadores Mac con procesador de Intel.
A versión final de Boot Camp está dispoñible dende a saída ao mercado do sistema operativo de Apple, Mac OS X Leopard. A aplicación Boot Camp atópase en todas as instalacións de Leopard en /Aplicacións/Utilidades e a través dun asistente gráfico, os usuarios poden instalar Windows XP ou Vista e logo reiniciar o ordenador para escoller se queren comezar con Mac OS X ou Windows XP ou Vista.
É posible que Apple gañe máis cota do mercado con este movemento, por iso cambiou os procesadores Intel, xa que hai usuarios que estarían dispostos a cambiarse a Mac se puidesen arrancar Windows.
Produtos
[editar | editar a fonte]- Mac
- PowerBook
- iBook
- iPod
- iPod classic
- iPod mini
- iPod nano
- iPod shuffle
- iPod touch
- Apple Cinema Display
- Xserve
- AirPort
- iPhone
- iPad
- Apple TV
- ApplePay
- AppleWatch
- Software
- macOS
- iLife
- iTunes
- Final Cut Studio
- iWork
- QuickTime
- Logic
- Shake