iMac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

O iMac é un ordenador persoal de sobremesa deseñado e construído por Apple Computer. O iMac foi o "buque insignia" da gama Macintosh desde 1998, e adoptou tres aspectos básicos. Foi cualificado por Walt Mossberg coma o “estándar dourado dos computadores de mesa”. O iMac sufriu unha grandisima innovación a partir da introdución do iPod, o que contribuíu ao drástico incremento dos beneficios de Apple Computer. Algúns tamén consideran que a popularidade do sistema USB de conexión se debe precisamente ao iMac.

A computadora goza dunha gran reputación dentro da cultura popular debido ó estilo do seu deseño e distintivos, propios de Apple. No 2006 converteuse no primeiro ordenador de Apple Macintosh en usar procesador de Intel.

iMAC de dobre núcleo
Imac 16-9.png
Tipo Ordenador de sobremesa
Desenvolvedor Apple Computer
Data de lanzamento 10 de xaneiro, 2006
Procesador 1.83 GHz 32-bit Intel Core Duo (17")
2.0 GHz 32-bit Intel Core Duo (20")
Web Sitio web de iMac

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.