TRS-80

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
TRS-80
TRS-80 Model I - Rechnermuseum Cropped.jpg
TRS-80 Modelo I
Información xeral
Fabricante Tandy Corporation
Información técnica
Sistema operativo
Procesador Z-80 (1,77MHz)
Memoria
Monitor Monocromático

TRS-80 ou TRS-80 Micro Computer System é unha familia de ordenadores que foi fabricada pola compañía Tandy Corporation, sendo unha das pioneiras da computación persoal, polo lanzamento do TRS-80 Modelo I. A sigla TRS é orixinada do nome da compañía Tandy mailo da Radio Shack. A familia era composta de varios modelos de ordenadores, desde o Modelo I ata o Modelo II e, despois, polos modelos Color, e tivo moito éxito nas vendas, o que incentivou outras empresas a produciren varios clones noutros países e dentro dos EE.UU., como o Max-80 (EE.UU.), Aster CT-80 (Países Baixos) ou CP 500 (Brasil).[1][2]

A arquitectura do sistema era baseada nunha UCP formada polo microprocesador Zilog Z-80, que era mencionado polo número 80, do nome TRS-80. A velocidade de procesamento de datos era de 1,77 MHz e a capacidade de memoria RAM era de 4Kb. Como dispositivos periféricos de entrada e saída había un teclado de 53 teclas, porto serie e porto paralelo, conexión para fita casete e monitor monocromático, funcionando en modo texto de 64 x 16 en simultáneo co modo gráfico, é dicir, semigráfico de 128 x 48.[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "History of Computers and Computing, Birth of the modern computer, Personal computer, Tandy TRS-80" (en inglés). Consultado o 22 de febreiro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 "CP 500" (en portugués). Museu da Computação e Informática - MCI. Consultado o 22 de febreiro de 2016. 
  3. "The Electric Crayon" (en inglés). TRS-80.org. Consultado o 22 de febreiro de 2016. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.