Apple I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Apple I

O Apple I foi un dos primeiros ordenadores persoais e un dos primeiros en combinar un microprocesador cunha conexión para teclado e monitor. Foi o primeiro produto de Apple Computer e foi exposto en abril de 1976 no Homebrew Computer Club de Palo Alto, California.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Deseño[editar | editar a fonte]

O Apple I foi deseñado e montado por Steve Wozniak orixinalmente para uso persoal. Mentres que foi idea de Steve Jobs o vender o aparello.

Comercialización[editar | editar a fonte]

O Apple I saíu a venta en xullo de 1976 por 666,66$ [1] porque a Wozniak gustabanlle os díxitos repetidos[2] e porque orixinalmente vendérono a unha tenda local por 500$ e engadiron un terzo de marxe de beneficio. Producironsereto de 200 unidades do Apple I e a diferenza doutras computadora para aficionados, que foron vendidas como kits, o Apple I consistía nun taboleiro de circuítos completamente ensamblado que contiña arredor de 60 chips. Porén, para facer unha computadora funcional, os usuarios tiñan que engadirlle unha carcasa, un transformador para a corrente, o interruptor de acendido, un teclado ASCII e unha pantalla de vídeo composto. Unha tarxeta opcional proporcionaba unha interface para casetes de almacenamento que foi comercializada máis adiante ao prezo de 75$.

Isto fixo do Apple I unha máquina innovadora no seu momento, a pesar da carencia de gráficos ou de capacidades de son. En abril de 1977 o prezo baixou a $475.[3]A súa comercialización continuou ata agosto de 1977, a pesar da introdución do Apple II en abril de 1977, que comezou a venderse en xuño dese año.[4] Apple había sacado al Apple I de su lista de precios antes de octubre de 1977, descontinuándola ano.[5]

Na actualidade[editar | editar a fonte]

En 2008 estimouse que aínda quedaban de 30 a 50 Apple I, converténdose nun raro artigo de colección. Nunha poxa en 1999 un Apple I acadou as cifras de $50.000. No ano 2010 foi vendido un ao prezo de $213.600. Afírmase que Steve Jobs e Steve Wozniak son os pais da era da computadora persoal co seu produto o Apple I acreditándolle como o primeiro computador persoal que se vendía completamente ensamblado, sen embargo, algúns din que o honor lexítimo pertence a outras máquinas, como o Datapoint 2200.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://news.cnet.com/1606-2-5937610.html}}
  2. Wozniak, Steven: "iWoz", page 180. W. W. Norton, 2006. ISBN 978-0-393-06143-7
  3. April 1977 Price List | Applefritter
  4. Bill of Sale | Applefritter
  5. October 1977 Price List | Applefritter

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]