MacBook Pro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
MacBook Pro
Información xeral
FabricanteApple Inc.
FamiliaMacBook
TipoComputadora portátil
Información comercial
Data de lanzamento10 de xaneiro de 2006 (orixinal)
Información técnica
Sistema operativomacOS
AntecesorPowerBook G4

MacBook Pro é unha liña de computadoras portátiles de alto rendemento de Apple Inc., orientado ós usuarios profesionais. É o sucesor do modelo PowerBook G4. É a primeira liña de produtos da empresa en incluír procesadores Intel, e foi presentada na feira tecnolóxica MacWorld o día 10 de xaneiro de 2006.

Do novo MacBook Pro, é 4 veces máis rápido que o último PowerBook G4, leva dentro un microprocesador Intel Core 2 Duo de ata 2,6 GHz. Además, incorpora unha videocámara iSight e a aplicación de contidos dixitais Front Row, orixinalmente introducidos para o modelo iMac.

Incorpora tamén as últimas actualizacións do PowerBook G4, como un teclado retroiluminado, sensor de iluminación para axustar automaticamente o brillo da pantalla e o teclado, a pantalla de resolución XVGA (VGA Extra) e ademais ten novas funcións como o MagSafe, que magneticamente desconecta o cable de electricidade cando este é arrincado ou separado, evitando que se poida caer o MacBook Pro. Todos os Macbook Pro inclúen sensores de movemento que permiten deter o disco duro en caso de caída, evitando así unha perda de datos.

MacBook Pro Retina[editar | editar a fonte]

Unha MacBook Pro nova de terceira xeración foi presentada o 11 de xuño de 2012, na Apple Worldwide Developers Conference de San Francisco, promocionada como a "MacBook Pro con pantalla Retina" para diferenciala dos modelos actualizados da xeración anterior lanzados o mesmo día.[1] O novo modelo inclúe procesadores Intel Core i7 (Ivy Bridge) xunto con portos USB 3.0 integrados, e unha pantalla Retina de 15.4" de alta resolución, 2880x1800 pixeles. Outras características novas ou modificadas inclúen un porto Thunderbolt secundario, porto HDMI, e un porto MagSafe mais delgado, chamado 'MagSafe 2'.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]