Saltar ao contido

Antonio Vives y Escudero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Vives y Escudero
Biografía
Nacemento4 de febreiro de 1859
Madrid Editar o valor en Wikidata
Morte19 de maio de 1925 (66 anos)
Madrid.
España España
Catedrático de universidade
1911 
Académico da Real Academia da Historia
24 de novembro de 1899 – 19 de maio de 1925
 Emilio CastelarAbelardo Merino Álvarez (pt) Traducir  Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspañola.
EducaciónEscola Superior de Diplomática de Madrid.
Actividade
Campo de traballoNumismática e arqueoloxía.
Ocupaciónprofesor universitario, numismático, arabista, historiador, arqueólogo, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Madrid Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosCayetano de Mergelina Luna Editar o valor en Wikidata
Influencias en
Familia
CónxuxeConcepción Segura Roselló (1900) Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnsayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Vives Escudero (Antonio), p.483) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1000475
Membro da Real Academia da Historia

Antonio Vives y Escudero, nado o 4 de febreiro de 1859 en Madrid e finado o 19 de maio de 1925 na mesma cidade, foi un numismático, arqueólogo e arabista español de orixe menorquina. Foi académico da Real Academia da Historia e reuniu unha das mellores coleccións de obxectos arqueolóxicos de España.[1][2][3][4][5]

En 1900 casou coa actriz e cantante de zarzuela Concepción Segura Roselló.[2][6]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Infancia e formación

[editar | editar a fonte]

Antonio Vives y Escudero naceu en Madrid, fillo de Sebastián Vives Batlle e Anna Escudero Vinent, unha familia procedente de Menorca que rexentaba en Madrid a confeitaría La Mahonesa. Na súa primeira infancia, a familia volveu a Maó, onde Antonio cursou o seu ensino secundario. Nesta época de xuventude naceu o seu interese pola arqueoloxía e a numismática, por mor das excursións que facía por Menorca, nas que recollía moedas e outros obxectos que despois clasificaba.[2][1]

Concluído o bacharelato no Instituto de Maó en 1875, volveu a Madrid para estudar Medicina, aínda que axiña abandonou estes estudos. Despois dun proxecto comercial frustrado na Habana, matriculouse en 1890 na Escola Superior de Diplomática de Madrid, onte acadou o título de arquiveiro, bibliotecario e arqueólogo.[2][7]

Carreira académica e profesional

[editar | editar a fonte]

De camiño comezou a súa dedicación á investigación e as súas primeiras publicacións, sobre temas diversos, como a numismática e a arte arábigas, a moeda castelá, a reforma monetaria dos Reis Católicos ou a moeda da idade de bronce.[2]

Paralelamente ás súas primeira publicacións, levou a cabo a catalogación de diversos achados monetarios e encomendóuselle o tomo relativo ás Illas Baleares da serie Catálogo Artístico y Monumental de España, que non chegou a saír á luz. O 20 de xaneiro de 1905 foi designado polo rei Afonso XIII para a elaboración do Inventario de los Monumentos Artísticos de España, Provincia de Baleares. Mais foi a partir da publicación en 1926 de La moneda hispánica, cando comezou a ser considerado como un estudoso de prestixio no ámbito numismático.[2][8]

Ese recoñecemento levouno a relacionarse con outros investigadores e coas grandes institucións científicas de España, como o Museo Arqueolóxico Nacional ou a Real Academia da Historia, que lle achegaron aos seus estudos posteriores unha perspectiva máis científica. E ao mesmo tempo, coñeceu relevantes coleccionistas e anticuarios e comerciantes mediante os cales perfeccionou a súa colección de moedas e obxectos artísticos e arqueolóxicos, que iniciara xa desde neno.[2][8] Vives y Escudero está considerado un dos pais da numismática española moderna, xunto con Francisco Bermúdez de Sotomayor, Juan de Dios de la Rada e Antonio Delgado y Hernández, entre outros.[9]

Tamén se dedicou nesa etapa a taxar obras de arte, tanto de xeito privado como no seo de institucións como o Instituto Valencia de Don Juan.[2]

A partir de 1903, Vives participou en numerosas escavacións arqueolóxicas na illa de Menorca, en Eivisa e noutros lugares do Mediterráneo.[2][10]

No ámbito docente, Vives y Escudero foi profesor de arte árabe no Ateneo de Madrid e na Escola de Estudos Árabes. Tamén impartiu docencia na Universidade Central de Madrid, onde en 1911 foi nomeado catedrático de Numismática e Epigrafía da Facultade de Filosofía e Letras.[11][12] Pola súa banda, a partir de 1904, Vives ingresou no Museo Arqueolóxico Nacional como arabista adscrito á súa sección de Numismática.[13] En 1922 foi nomeado director do Instituto Valencia de Don Juan.[2]

Entre outras institucións internacionais, Vives formou parte da Hispanic Society of America e do Instituto de Arqueoloxía de Berlín.[2]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • (1901): Académico da Real Academia da Historia.[2][14]
  • (1908): Socio de honra do Ateneo de Maó.[2]
  • (1925): Menorquino Ilustre.[2]

A colección Vives y Escudero

[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa vida, Antonio Vives dedicouse a coleccionar obxectos tan diversos como pinturas, gravados, estatuas, mostras epigráficas, vidros, cerámica, bronces iberoromanos e, sobre todo, moedas antigas de Hispania e moeda árabe.[2][15]

Hoxe a súa colección atópase esparexida por diferentes centros e espazos museísticos. A súa familia doou gran parte do seu legado ao municipio de Maó, que logo llo traspasou ao Museo de Menorca en 1946 e en 2015.[2][15]

Os principais núcleos da súa colección consérvanse no Museo de Menorca, no Museo Arqueolóxico Nacional de España e na Hispanic Society of America, en Nova York.[2][15]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Monografías

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 Mederos Martín, A. (2014). Páxina 417.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Martot, T. (2016).
  3. "Antonio Vives y Escudero". Biografías. Real Academia de la Historia.
  4. "Antoni Vives i Escudero". Enciclopèdia Catalana.
  5. "Antoni Vives Escudero (1859-1925) Arquivado 28 de outubro de 2020 en Wayback Machine.". Museu de Mallorca.
  6. Mederos Martín, A. (2014). Páxina 418.
  7. Mederos Martín, A. (2014). Páxina 417-418.
  8. 1 2 Mederos Martín, A. (2014). Páxina 422-425.
  9. Peiró Martín, I.; Pasamar Alzuria, G. (2002). Diccionario Akal de Historiadores españoles contemporáneos. Páxinas 213-214. Akal, Madrid. ISBN 84-460-1489-0. Páxinas 213, 509, 675.
  10. Mederos Martín, A. (2014). Páxina 427-428.
  11. Mederos Martín, A. (2014). Páxina 426.
  12. Ruiz Trapero, M. "La investigación numismática desde la Cátedra de 'Epigrafía y Numismática' de la UCM". En Muñoz Serrulla, M. T. (2012). La Moneda: Investigación numismática y fuentes archivísticas. Madrid. Páxina 10. ISBN 978-84-695-4325-2
  13. Mederos Martín, A. (2014). Páxina 422.
  14. Mederos Martín, A. (2014). Páxina 421.
  15. 1 2 3 Mederos Martín, A. (2014). Páxina 429, 422-425.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]