Antoni Maria Badia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cross of Saint George (Catalan Government Award).svg
Antoni Maria Badia
Antoni M. Badia i Margarit.jpg
Nacemento30 de maio de 1920
 Barcelona
Falecemento16 de novembro de 2014
 Barcelona
SoterradoCamposanto de Montjuïc
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Barcelona
Ocupaciónlingüista, filólogo, catedrático de universidade e romanista
PremiosPrêmio de Honor de las Letras Catalanas, Creu de Sant Jordi, Medalha de Ouro da Generalidade da Catalunha, honorary doctor of the University of Alicante, honorary doctor of the Rovira i Virgili University, honorary doctorate of Salzburg University e honorary doctorate of the University of Valencia
editar datos en Wikidata ]

Antoni Maria Badia i Margarit, nado en Barcelona o 30 de maio de 1920 e finado na mesma cidade o 16 de novembro de 2014, foi un filólogo e lingüista da historia e gramática catalá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou estudos de ensino primario e secundario na Mutua Escolar Blanquerna, dirixida polo pedagogo Alexandre Galí i Coll, que lle infundiu a preocupación pola linguaxe. Estudou os Estudis Universitaris Catalans, e licenciouse en filoloxía románica pola Universidade de Barcelona en xuño de 1943, defendeu a súa tese “Los complementos pronominalo-adverbiales derivados de IBI e INDE en la Península Ibérica”, na facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Madrid, baixo a dirección de Dámaso Alonso en xuño de 1945. Catedrático de Gramática Histórica da lingua española na Universidade de Barcelona (1948) e desde 1977 de lingua catalá. Foi reitor da Universidade de Barcelona de 1978 a 1986 data a partir da cal é honorario ao se xubilar.

Profesor visitante en Múnic, Heidelberg, Georgetown, Wisconsin e da Sorbona en París. É doutor honoris causa por diversas universidades, entre as cales Salzburgo, Tolosa, Rovira i Virgili e a Sorbona.

Tamén foi presidente da Société de Linguistique Romane (hoxe presidente de honra), presidente da Sección Filolóxica do Institut d'Estudis Catalans, primeiro presidente da Associació Internacional de Llengua i Literatura Catalanes, primeiro presidente do Grup Català de Sociolingüística, presidente de honra do II Col·loqui Internacional de Llengua i Literatura Catalanes en Ámsterdan (1970), da North American Catalan Society e da Deutsch-Katalanische Gesellschaft, e presidente do Segon Congrés Internacional de la Llengua Catalana (1986).

É director da revista Estudis Romànics e pertence a diversos consellos editoriais de revistes de filoloxía catalá (Caplletra, Catalan Review, Llengua & Literatura e Treballs de Sociolingüística Catalana).

Tamén é membro do Institut d'Estudis Catalans, da Reial Acadèmia de Bones Lletres de Barcelona e corresponente de diversas academias entre as cales a Real Academia Española. Tamé é membro de honra da American Association of Teachers of Spanish and Portuguese.

Obras[editar | editar a fonte]

A súa obra científica inclúe máis de seiscentos títulos, con máis de cincuenta libros, entre os cales:

  • Gramática histórica catalana (1951, trad. ao catalán en 1981).
  • Gramática catalana (1962).
  • Llengua i cultura als Països Catalans (1964).
  • La llengua dels barcelonins (1969).
  • La formació de la llengua catalana (1981).
  • Gramàtica de la llengua catalana (1994).
  • Les regles d'esquivar vocables i la «qüestió de la llengua» (1999).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]