Germà Colón
Germà Colón i Doménech ![]() | |
---|---|
Nacemento | 30 de novembro de 1928 |
Lugar de nacemento | Castelló de la Plana |
Falecemento | 22 de marzo de 2020 |
Lugar de falecemento | Barcelona |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Barcelona, Universidade de Madrid e Universidade de Basilea |
Ocupación | lexicógrafo, lingüista, escritor, profesor universitario, romanista e filólogo |
Premios | Creu de Sant Jordi, Serra d'Or Critics Award, honorary doctor of the University of Alicante, Gran Cruz de Afonso X o Sabio, doutor honoris causa pola Universidade Complutense de Madrid, Doutor honoris causa pola Universidade Autónoma de Barcelona, honorary doctor of the University of Valencia, honorary doctorate of Jaume I University, Valencian of the year award, Premi de les Lletres Valencianes, Prat de la Riba Award e Vives University Network Medal of Honor |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Germà Colón i Doménech, nado en Castelló de la Plana en 1928 e finado en Barcelona o 22 de marzo de 2020,[1] foi un lingüista románico e lexicólogo valenciano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi catedrático da Universidade de Basilea e anteriormente profesor na Universidade de Estrasburgo (1968 - 1972) e da Universidade Autónoma de Barcelona (1973 - 1974). Converteuse en membro da Reial Acadèmia de Bones Lletres de Barcelona e mais da Comisión Lulliana a raíz da publicación das obras completas de Ramon Llull. Foi tamén Doutor honoris causa da Universidade de València e da Universidade de Alacant. Foi membro do consello asesor da colección Els Nostres Clàssics e do equipo editor da revista Estudis de Llengua i Literatura Catalanes. Foi conselleiro de honra da Asociación Internacional de Lingua e Literatura Catalás (da que foi presidente entre 1976 e 1982) e membro numerario do Institut d'Estudis Catalans (IEC). Foille outorgado o Premio Sanchis Guarner da Fundación Jaume I (1987), o Premio de Honra das Letras Valencianas (1988), o Premio Prat de la Riba do IEC (1979), o Premio Serra d'Or (1981), a Cruz de Sant Jordi (1985) e o Premio de Literatura da Generalitat de Cataluña (1987).
Doou a súa biblioteca persoal (máis de 20 000 obras) á Universidade Jaume I de Castelló de la Plana.
Obras[editar | editar a fonte]
- El léxico catalán en la Romania (1976).
- La llengua catalana en els seus textos (1978)
- El panorama de la lexicografia catalana (1986).
- Problemes de la llengua a València i als seus voltants (1987)
- El español y el catalán, juntos y en contraste (1989).
- Estudis de filologia catalana i romànica (1997).
- Para la historia del léxico español (2002).
- De Ramon Llull al Diccionari de Fabra. Acostament lingüístic als monuments de les lletres catalanes (2003).
Notas[editar | editar a fonte]
- Escritores da Comunidade Valenciana
- Escritores en lingua catalá
- Lingüistas de España
- Nados en Castelló de la Plana
- Nados en 1928
- Finados en 2020
- Alumnos da Universidade de Barcelona
- Alumnos da Universidade Complutense de Madrid
- Profesores da Universidade de Basilea
- Profesores da Universidade de Estrasburgo
- Profesores da Universidade Autónoma de Barcelona
- Doutores honoris causa pola Universidade de Valencia
- Doutores honoris causa pola Universidade de Alacant
- Doutores honoris causa pola Universidade Xaime I
- Doutores honoris causa pola Universidade Autónoma de Barcelona
- Doutores honoris causa pola Universidade Complutense de Madrid
- Catedráticos
- Premio Creu de Sant Jordi
- Finados pola COVID-19 en España