A Universidade Rovira i Virgili (en catalán e oficialmente: Universitat Rovira i Virgili), coñecida co acrónimo URV, é unha institución pública de ensino superior de Cataluña con centros en Tarragona, Reus, Vila-seca, Tortosa e El Vendrell, que ten como obxectivos prioritarios a docencia e a investigación.
Foi recoñecida como Campus de Excelencia Internacional Cataluña Sur (CEICS) polo Ministerio de Educación. Isto supón a consolidación da agregación estratéxica das diversas entidades e estruturas de docencia, investigación, transferencia de coñecemento e o sector produtivo do sur de Cataluña co obxectivo de converterse nun referente internacional nos ámbitos da Química e a Enerxía, a Nutrición e a Saúde, o Turismo, a Enoloxía, así como o Patrimonio e a Cultura.
A Universidade Rovira i Virgili ten seis campus que aloxan as sete facultades, as tres escolas técnicas superiores e as dúas escolas universitarias, máis unha sede no Baix Penedès.
Campus Cataluña: no centro da cidade de Tarragona.
Facultade de Letras
Facultade de Ciencias Xurídicas
Escola Universitaria de Enfermería
Campus Sescelades: no norte da cidade de Tarragona.
Facultade de Ciencias da Educación e Psicoloxía
Facultade de Química
Facultade de Enoloxía
Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE)
Escola Técnica Superior de Enxeñería Química (ETSEQ)
Escola Técnica Superior de Arquitectura de Reus (ETSAR) prepara e expide o título de Arquitecto, así como doutoramentos e masters de posgrao. Creouse en 1991 e é a única escola de arquitectura da provincia de Tarragona. O centro está situado no Campus Bellisens de Reus.