Década de 1840
Aparencia
(Redirección desde «Anos 1840»)
Segundo milenio | |||||
Século XIX | |||||
| |||||
|
1840
- Artigo principal: 1840.
- 6 de maio - o Reino Unido emite o primeiro selo postal, coñecido como Penny Black.
- 4 de outubro - Após un pronunciamento liberal, e no marco da disputa pola capitalidade da provincia, a milicia de Vigo ataca Pontevedra con artillaría.
1841
- Artigo principal: 1841.
- Revolución de 1841 en España
- 1 de xaneiro, Honduras elixe o primeiro presidente da república, o xeneral Francisco Ferrera.
1842
- Artigo principal: 1842.
- 29 de agosto - Termina a Primeira Guerra do Opio co Tratado de Nanking. O Reino Unido anexa Hong Kong.
1843
- Artigo principal: 1843.
África
- 12 de maio - Os británicos anexionan Natal á Provincia do Cabo. Os boers emprenden un segundo trek, cruzando as montañas de Drakensberg.
América do Sur
- 23 de maio - Chile ocupa o Estreito de Magalláns.
Oceanía
- 5 de novembro - So pretexto de ataques aos misioneiros franceses en 1836, Francia anexiona Tahití.
- 18 de novembro - Francia e Gran Bretaña acordan respectar a independencia das illas Hawaii.
Europa
- 3 de setembro - Grecia: Golpe de estado do xeneral Yannis Makriyannis. O rei Otón I convoca un asemblea constituínte.
- Robert Peel anula a prohibición de exportar máquinas da Gran Bretaña, acto que en tempos podía comportar a pena de morte.
Arte e cultura
- 11 de novembro - O escritor dinamarqués Hans Christian Andersen dá a coñecer o conto "O parruliño feo".
- O escritor español Mariano José de Larra publica "El doncel de Don Enrique el Doliente", novela histórica sobre o poeta Macías o Namorado.
Ciencia e tecnoloxía
- Astrofotografía : daguerrotipos do espectro solar tomados por Draper.
- O astrónomo alemán Samuel Schwabe descobre o ciclo das manchas solares.
- O físico británico James Prescott Joule descobre experimentalmente o equivalente mecánico da calor.
- O escocés James Nasmyth inventa o martelo mecánico a vapor.
- Invención da máquina de escribir por Charles Thurber.
- O químico sueco Carl Gustav Mosander descobre o elemento químico erbio.
1844
- Artigo principal: 1844.
América
- 27 de febreiro - Santo Domingo declara a súa independencia a respecto de Haití. A antiga illa caribeña de La Española, fica dividida en dous estados.
- O Brasil recoñece a independencia de Paraguai.
Asia
- 3 de xullo - Acordo comercial entre a China e os Estados Unidos.
Europa
- 8 de marzo - Iníciase o reinado de Óscar I de Suecia e de Noruega (até 1859).
- 16 de marzo - Grecia adopta unha Constitución con Parlamento bicameral e réxime monárquico constitucional.
- 28 de marzo - Creación da Garda civil en España.
- 3 de maio - Goberno de Ramón María Narváez y Campos en España.
- 6 de xuño - Tropas prusianas reprimen a insurrección dos teceláns da Silesia.
- 28 de agosto - Rencontro entre Karl Marx e Friedrich Engels en París.
Arte e cultura
- Joseph Mallord William Turner realiza o cadro "Chuvia, vapor e velocidade".
Ciencia e tecnoloxía
- 24 de maio - O inventor norteamericano Samuel Morse une por telégrafo Washington e Baltimore.
- 3 de xuño - Extínguese o gran pingüín.
- 15 de xuño - Charles Goodyear acelera a vulcanización do caucho.
- O químico Karl Klaus descobre, en Rusia, un novo elemento químico, o rutenio.
1845
- Artigo principal: 1845.
- 17 de marzo - Stephen Perry inventa a goma elástica.
- 27 de decembro - Utilízase, nos Estados Unidos, pola primeira vez un anestésico nun parto
- 29 de decembro - Os Estados Unidos anexionan o estado mexicano de Texas.
1846
- Artigo principal: 1846.
- 2 de abril - Levantamento liberal en Galiza contra o poder central que remata co fusilamento dos Mártires de Carral.
1847
- Artigo principal: 1847.
- 4 de xaneiro, Samuel Colt vende o seu primeiro revólver ó goberno dos Estados Unidos.
1848
- Artigo principal: 1848.
América
- 7 de novembro - Iníciase, na entón provincia de Pernambuco (Brasil) a chamada Revolución Praieira.
Asia
- Sobe ao trono persa Nasir al-Din Sha (até 1896).
Europa
- 21 de febreiro - Karl Marx publica o Manifesto Comunista
- 22 de febreiro - Inicíase en París a Revolución de 1848, onde adeptos do sufraxio universal e socialistas conseguen derrubar o rei Lois Filipe de Francia.
- 28 de outubro - Inaugúrase o primeiro ferrocarril que funciona en España, que fai a liña Barcelona–Mataró.
1849
- Artigo principal: 1849.
- 23 de xaneiro - Elizabeth Blackwell convértese na primeira muller graduada en medicina dos Estados Unidos.
- 19 de xullo - Promúlgase en España a lei que obriga ó uso do Sistema Métrico Decimal en tódalas transaccións comerciais.
- 22 de decembro - O escritor ruso Fiódor Dostoievski é indultado ante o pelotón que ía fusilalo.
Arte e cultura
- Enterro en Ornans, cadro de Gustave Courbet, hoxe no Museo do Louvre.