Elizabeth Blackwell
Elizabeth Garrett Anderson | |
---|---|
![]() Elizabeth Blackwell | |
Nacemento | 3 de febreiro de 1821 |
Bristol ![]() | |
Falecemento | 31 de maio de 1910 (89 anos) |
Hastings ![]() | |
Soterrada | Kilmun |
Nacionalidade | Estados Unidos de América e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Alma máter | Geneva Medical College |
Ocupación | médica, escritor médico, ensaísta, feminista e Activista polos dereitos humanos |
Irmáns | Emily Blackwell, Henry Browne Blackwell e Anna Blackwell |
Premios | National Women’s Hall of Fame e Ohio Women's Hall of Fame |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Elizabeth Garrett Anderson, coñecida como Elizabeth Blackwell, nada en Bristol o 3 de febreiro de 1821 e finada en Hastings o 31 de maio de 1910, foi unha médica inglesa, a primeira muller en practicar a medicina nos tempos modernos.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi filla dun empresario refinador de azucre que afrontou dar ós seus numerosos fillos e fillas unha educación. No 1831, a familia emigrou ós Estados Unidos e montou unha refinería en Nova York. Trala morte do pai, adicouse á ensinanza. Querendo dedicarse á práctica de Medicina, exerceu na casa dun médico, e usou o seu tempo libre no estudo dos libros dos que dispoñía. Participou no movemento anti-escravista.
Blackwell tentou a entrada en varios centros médicos punteiros, e foi rexeitada. Intentouno de novo en centros menos resaltantes, incluído o Geneva College en Nova Yok. Alí foi aceptada – como anécdota, porque a facultade deixou a decisión no voto dos estudantes – e venceu o prexuízo dalgúns profesores e estudantes para completar a súa formación. Foi a primeira da súa promoción. O 23 de xaneiro de 1849, converteuse na primeira muller que obtivo o título para a práctica da Medicina nos Estados Unidos.
Impedida de exercer en varios hospitais, fundou o seu propio hospital, o Hospital de Nova York para mulleres e nenos indixentes (New York Infirmary for Indigent Women and Children) no 1857. Cando comezou a Guerra Civil americana, formou enfermeiras, e no 1868 fundou o Colexio Médico de Mulleres co fin de formar mulleres en Medicina.
No 1869 deixou a súa irmá Emily ó coidado do Colexio e volveu a Inglaterra. Entón, con Florence Nightingale, abriu o Colexio Médico de Mulleres. Blackwell ensinou na Escola Londiniense de Medicina para Mulleres, creada pouco tempo atrás, e converteuse na primeira muller no Rexistro Médico do Reino Unido. Retirouse á idade de 86 anos.
A súa guía de educación sexual, A Educación Moral dos Mozos, foi publicada en Gran Bretaña, así como a súa autobiografía, Traballo Pioneiro na Apertura da Profesión Médica para Mulleres (Pioneer Work in Opening the Medical Profession to Women, 1895). Á súa morte, foi incinerada nun lugar remoto de Escocia.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)