Samuel Colt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Samuel Colt
SamuelColt.jpg
Nacemento19 de xullo de 1814
Lugar de nacementoHartford
Falecemento10 de xaneiro de 1862
Lugar de falecementoHartford
SoterradoCedar Hill Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupacióninventor, emprendedor, artesán, design engineer e fabricante de armas
PaiChristopher Colt
NaiSarah Caldwell
CónxuxeElizabeth Hart Jarvis Colt
FillosCaldwell Hart Colt
PremiosSalón da Fama dos Inventores Nacionais
Na rede
WikiTree: Colt-91 Find a Grave: 217 Editar o valor em Wikidata
Samuel Colt signature 1855.svg
editar datos en Wikidata ]

Samuel Colt, nado o 19 de xullo de 1814 e finado o 10 de xaneiro de 1862, foi un inventor e empresario estadounidense soado pola súa participación na industria das armas.

Biografía[editar | editar a fonte]

Desde moi novo Colt mostrou grande interese polas armas e explosivos. Foi expulsado aos 16 anos do centro no que estudaba ciencias ao destruír parte do edificio durante un experimento. O seu pai, propietario dunha fábrica de tecidos de seda, enviouno nunha viaxe por mar ata a India. En Calcuta, Colt viu un primitivo modelo de revólver, cun mecanismo moi inseguro e pouco funcional. Ao volver aos Estados Unidos observou no barco un trinquete empregado para elevar a áncora e baseándose nel tallou en madeira un mecanismo para accionar o tambor do revólver.

Financiado polo seu pai, Colt creou un modelo funcional de revolver que patentou en Gran Bretaña e EE.UU. en 1835 e 1836 respectivamente. Funda en Patterson, Nova Jersey. a Patterson Arms Manufacturing Company e produce un revólver de cinco disparos do calibre 36 de simple acción. A falta de investidores impídelle comprar maquinaria e os revólveres son fabricados a man polo que o seu prezo é moi alto e a compañía creba en 1842.

Colt inventa prototipos de cables para accionar minas mariñas a distancia para o goberno pero este perde o interese e Colt convence a Samuel Morse para empregar os seus descubrimentos no tendido do primeiro enlace telegráfico submarino entre Nova York e Coney Island en 1843.

Os Rangers de Texas ponse en contacto con Colt, impresionados polo seu primeiro revólver, para encargarlle 1.000 revólveres en 1847. Colt aprendera da súa anterior experiencia e aluga unha industria totalmente equipada para abaratar o custo de cada arma e deseña un novo modelo perfeccionado de seis disparos. Posteriormente Colt funda en Hartford, Connecticut a Colt's Firearms Company e deseña unha liña de montaxe en cadea con pezas estándar totalmente intercambiables entre si, algo totalmente novo na industria de armamento.

A industria de Colt creceu enseguida, sendo provedor de exércitos e particulares de todo o mundo e segue existindo hoxe en día. O seu modelo máis famoso foi posiblemente o revolver Colt 45 de simple acción, utilizado polo exército e actor invitado na maioría das películas do xénero do Oeste.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]