Annona muricata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guanábana
Vista xeral con froitos in situ implantados sobre o tronco.
Vista xeral con froitos in situ implantados sobre o tronco.
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Magnoliales
Familia: Annonaceae
Subfamilia: Annonoideae
Tribo: Annoneae
Xénero: Annona
Especie: A. muricata
L., 1753
Flor.
Fruto in situ.

A Annona muricata é unha árbore da familia Annonaceae, cultivada en moitos países tropicais polos seus froitos comestibles, coñecidos como guanábanas[1].

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha árbore sempre verde duns 10 m de altura. Ten a casca rugosa e follas, opostas, de pecíolo curto e limbo papiráceo obovado-oblongo a ovado-elíptico, duns 5–18 por 2–7 cm, de envés verdoso e glabro e de face verde e brillante. As inflorescencias, con só 1 ou 2 flores, son axilares, mais tamén poden estar implantadas en calquera parte do tronco ou das pólas. As flores, duns 4 cm de diámetro, son pediceladas e pubescentes. Os 3 sépalos, ovado-elípticos a ovado-triangulares, miden 3–5 mm. Os 6 pétalos son verdes e despois amarelados, os 3 exteriores grosos, amplamente triangulares, de 2,5–5 por 2–4 cm, co interior finamente pubescente e o ápice agudo a obtuso mentres os 3 internos son ovado-elípticos, de 2–4 por 1,5–3,5 cm, algo delgado, imbricados, pubescentes e con ápice obtuso. Os numerosos estames, de 4–5 mm, teñen os filamentos carnosos e o conectivo apical dilatado. Os abundantes carpelos, duns 5 mm, son pubescentes. O froito, chamado guanábana, é un sincarpo verde, ovoide, con frecuencia de forma oblicua ou curvada, de 10–35 por 7–15 cm, cuberta de espiñas suaves e polpa branca comestible. As sementes, unha por cada un dos froitos individuais agregados no sincarpo, son reniformes, de 2 por 1 cm e de color amarelo apardazado.[2]

Distribución[editar | editar a fonte]

De procedencia incerta, as primeiras crónicas nomean esta especie en Porto Rico, as Antillas e a zona do Caribe en xeral. Con todo, moitos autores sitúan a orixe en Colombia, sendo este país o que posúe un maior número de variedades[3]. Cultívase hoxe en día en torno ao Caribe, de México a Perú, zonas de África como Guinea Ecuatorial. Introducida e cultivada tamén en moitos países tropicais e subtropicais, incluída a China, Australia e a Polinesia. Actualmente estanse establecendo plantacións en zonas subtropicais de países coma España, sobre todo nas illas Canarias.[4]

Propiedades medicinais[editar | editar a fonte]

Desde o ano 1999, circulan por Internet anuncios publicitarios que afirman, sen fundamento científico, que o té de guanábana cura o cancro.[5][6] Non se realizaron probas in vivo que demostren que a guanábana —ou algún composto desta— sexa efectiva contra algún tipo de cancro en humanos.[5][7]

Existen diversos estudos sobre a anonacina, o compuesto da guanábana que supostamente tería efectos anticanceríxenos, pero eses estudos foron realizados in vitro ou in vivo en animais, non existindo aínda ningún estudo clínico en humanos.[8] Un motivo citado para a falta de estudos clínicos en humanos é o feito de que non se pode patentar unha planta, o que leva a certos laboratorios, que patrocinan os estudos, a concentrar as investigacións nos principios activos, acetoxeninas annonáceas, en vez da planta.

Por outra parte, un estudo in vitro realizado en conxunto pola Facultade de farmacia e bioquímica da Universidad Nacional Mayor de San Marcos e a Universidad Peruana Cayetano Heredia demostrou que un extracto etanólico das follas de Annona muricata ten un efecto citotóxico sobre os tipos C678 e H460 de cultivos de liñas celulares de adenocarcinoma gástrico e pulmonar.[9]

Efecto das acetoxeninas das annonáceas nas células[editar | editar a fonte]

As acetoxeninas das anonáceas son substancias cerosas que resultan da combinación de ácidos graxos de cadea longa (C32 ó C34) cunha unidade de 2-propanol no carbono 2 para formar unha lactonaterminal (esta lactona fica ao inicio da cadea).[10] Como outras acetoxeninas, a annonicina bloquea o complexo I, que é responsable de transformar NADH a NAD+, e crea a acumulación de protóns a través da membrana interna mitocondrial. Esta desactiva a habilidade de unha célula de xerar ATP mediante unha ruta oxidativa, obrigando finalmente a unha célula a apoptose ou necrose.

Nutrición[editar | editar a fonte]

A froita é unha fonte excepcional de vitamina C, e unha boa fonte de vitaminas B1, B2, B3, B5, B6, ferro, magnesio e potasio.[Cómpre referencia]

Riscos para a saúde[editar | editar a fonte]

A annonacina é unha neurotoxina presente nas sementes da Annona muricata.

A annonacina, presente nas sementes da froita, é unha neurotoxina asociada a doenzas neurodexenerativas,[11] Investigacións suxiren unha conexión entre o consumo de Annona muricata e formas atípicas da doenza de Parkinson debido ás altas concentracións de annonacina.[12]

En 2010, a Axencia de seguridade alimentaria francesa concluíu que, a partir dos resultados dos estudos dispoñibles, "non é posible confirmar que os casos observados de síndrome de Parkinson atípica […] estean relacionados co consumo de Annona muricata", recalcando a necesidade de facer máis estudos sobre os posibles riscos para a saúde humana.[13]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A Annona muricata foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum, vol. 1, P. 536–537, 1753.[14]

Sinonimia[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. VV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 127. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0
  2. Annona muricata en Flora of China
  3. Diaz Robledo. J. . (2004). Descubre los Frutales Tropicales. Madrid, Las Rozas: Norma Editorial.
  4. Annona muricata en USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN) [Online Database]. National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland, 28 de febreiro de 2014
  5. 5,0 5,1 Ralph W. Moss (31 de agosto de 2003). "A Friendly Skeptic Looks at Graviola" (en inglés). cancerdecisions.com. Arquivado dende o orixinal o 1 de maio de 2011. Consultado o 30 de xaneiro de 2012. 
  6. "Graviola and Cancer" (en inglés). denvernaturopathic.com. Consultado o 30 de xaneiro de 2012. 
  7. "Can graviola (soursop) cure cancer?". Cancer Research UK. 
  8. "Graviola and Cancer". This week in the HSI forum (en inglés). Health Sciences Institute. Consultado o 30 de xaneiro de 2012. 
  9. "Efecto citotóxico de Annona muricata (guanabana) en cultivo de líneas celulares de adenocarcinoma gástrico y pulmonar" (PDF). Sociedad Científica de San Fernando (Lima, Perú) 12 (1). 2007. 
  10. Stephen J. Cutler, Horace G. Cutler (2000). "Thwarting Resistance: Annonaceous Acetogenins as New Pesticidal and Antitumor Agents". Biologically Active Natural Products: Pharmaceuticals. CRC Press. p. 173. ISBN 0-8493-1887-4. Consultado o 27 de abril de 2008. 
  11. Le Ven, J.; Schmitz-Afonso, I.; Touboul, D.; Buisson, D.; Akagah, B.; Cresteil, T.; Lewin, G.; Champy, P. (2011). "Annonaceae fruits and parkinsonism risk: Metabolisation study of annonacin, a model neurotoxin; evaluation of human exposure". Toxicology Letters 205: S50. doi:10.1016/j.toxlet.2011.05.197. 
    • Lannuzel, A; Michel, P.P; Höglinger, G.U; Champy, P; Jousset, A; Medja, F; Lombès, A; Darios, F; Gleye, C (2003). "The mitochondrial complex I inhibitor annonacin is toxic to mesencephalic dopaminergic neurons by impairment of energy metabolism". Neuroscience 121 (2): 287–96. PMID 14521988. doi:10.1016/S0306-4522(03)00441-X. 
    • Champy, Pierre; Melot, Alice; Guérineau Eng, Vincent; Gleye, Christophe; Fall, Djibril; Höglinger, Gunter U.; Ruberg, Merle (2005). "Quantification of acetogenins in Annona muricata linked to atypical parkinsonism in guadeloupe". Movement Disorders 20 (12): 1629–33. PMID 16078200. doi:10.1002/mds.20632. 
    • Lannuzel, A.; Höglinger, G. U.; Champy, P.; Michel, P. P.; Hirsch, E. C.; Ruberg, M. (2006). "Is atypical parkinsonism in the Caribbean caused by the consumption of Annonacae?". Journal of Neural Transmission. Supplementa. Journal of Neural Transmission. Supplementa 70 (70): 153–7. ISBN 9783211289273. PMID 17017523. doi:10.1007/978-3-211-45295-0_24. 
    • Caparros-Lefebvre, Dominique; Elbaz, Alexis (1999). "Possible relation of atypical parkinsonism in the French West Indies with consumption of tropical plants: A case-control study". The Lancet 354 (9175): 281–6. PMID 10440304. doi:10.1016/S0140-6736(98)10166-6. 
  12. "Avis de l'Agence française de sécurité sanitaire des aliments relatif aux risques liés à la consommation de corossol et de ses préparations" (pdf). Agence française de sécurité sanitaire des aliments. 28 de abril de 2010. 
  13. "Annona muricata". Tropicos.org Missouri Botanical Garden. Consultado o 10 de novembro de 2012. 
  14. http://www.rain-tree.com/Graviola-Monograph.pdf
  15. Annona muricata en PlantList
  16. "Annona muricata". World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 10 de novembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Mexico City.
  2. Correa A., M. D., C. Galdames & M. N. S. Stapf. 2004. Cat. Pl. Vasc. Panamá 1–599. Smithsonian Tropical Research Institute, Panama.
  3. Cowan, C. P. 1983. Flora de Tabasco. Listados Floríst. México 1: 1–123.
  4. Dodson, C. H. & A. H. Gentry. 1978. Flora of the Río Palenque Science Center: Los Ríos Province, Ecuador. Selbyana 4(1–6): i–xxx, 1–628.
  5. Dodson, C. H., A. H. Gentry & F. M. Valverde Badillo. 1985. Fl. Jauneche 1–512. Banco Central del Ecuador, Quito.
  6. Flora of China Editorial Committee. 2011. Fl. China 19: 1–884. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
  7. Fries, R. E. 1938. Annonaceae, Flora of Peru. Publ. Field Mus. Nat. Hist., Bot. Ser. 13(2/3): 700–766.
  8. Funk, V. A., P. E. Berry, S. Alexander, T. H. Hollowell & C. L. Kelloff. 2007. Checklist of the Plants of the Guiana Shield (Venezuela: Amazonas, Bolivar, Delta Amacuro; Guyana, Surinam, French Guiana). Contr. U.S. Natl. Herb. 55: 1–584.
  9. Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. 2011. Flora de Antioquia. Catálogo de las Plantas Vasculares, vol. 2. Listado de las Plantas Vasculares del Departamento de Antioquia. pp. 1–939.
  10. Jørgensen, P. M. & S. León-Yánez. (eds.) 1999. Catalogue of the vascular plants of Ecuador. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 75: i–viii, 1–1181.
  11. Killeen, T. J. & T. S. Schulenberg. 1998. A biological assessment of Parque Nacional Noel Kempff Mercado, Bolivia. RAP Working Papers 10: 1–372.
  12. Killeen, T. J., E. García Estigarribia & S. G. Beck. (eds.) 1993. Guía Arb. Bolivia 1–958. Herbario Nacional de Bolivia & Missouri Botanical Garden, La Paz.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]