Saltar ao contido

Hámster

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hámster
Rango fósil: 13,82 Ma-0 Ma
Mioceno medio – Actual

Cricetus cricetus, o hámster común europeo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Rodentia
Familia: Cricetidae
Subfamilia: Cricetinae
Fischer de Waldheim, 1817
Xéneros

Un hámster é un roedor pequeno. Existen moitas especies distintas, a maioría distinguidas polas bolsas expandibles sobre as meixelas, as cales van desde as meixelas ata os ombros. Son roedores pertencentes á subfamilia Cricetinae. As distintas especies agrúpanse en varios xéneros entre os que destacan Cricetus, Mesocricetus e Phodopus.

A maioría dos hámsteres encontrados en tendas de mascotas son hámsteres sirios. Os hámsteres foron empregados en investigaciones científicas para o estudo de múltiples enfermidades.

Descubrimento do hámster sirio

[editar | editar a fonte]

En 1839, o zoólogo británico George Waterhouse achou un hámster en Siria, chamándoo Cricetus auratus, ou hámster dourado. A pel do hámster estivo en exposición nun museo británico. O hámster sirio foi ignorado pola ciencia europea durante século seguinte. Ó redor do ano 1930, o zoólogo e profesor da universidade de Xerusalén Aharoni encontrou unha nai e crías de hámster no deserto sirio. Para cando regresó ó seu laboratorio, a maioría escaparan ou morreran. Os hámsteres remanentes foron doados á Universidade de Xerusalén, onde foron criados con éxito. Debido a que eran levemente maiores en tamaño ós encontrados por Waterhouse chamóuselles Mesocricetus auratus, inda que posiblemente se tratase da mesma especie. Mesocricetus aratus é o nome científico actual do hámster dourado ou sirio.

Hámster
O hámster é un roedor

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]