Andrea Nunes Brións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Andrea Núñez")
Andrea Nunes Brións
AndreaNúñez.jpg
Andrea Núñez nun recital.
Datos persoais
Nacemento 13 de abril de 1984
Actividade
Lingua Galego
Xéneros Poesía

Andrea Núñez Briones, coñecida tamén como Andrea Nunes Brións[1], nada en Marín o 13 de abril de 1984, é unha escritora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2009. É unha activista política e feminista. A súa obra céntrase no xénero poético, está escrita na súa maior parte en lingua galega e é de carácter marcadamente feminista. Colabora de maneira activa en publicacións e proxectos relacionados co xénero e a lingua. Pertence ao grupo As Candongas do Quirombo. O seu primeiro poemario Corrente do esquecemento apareceu en 2007 editado por Aturuxo (Federación Galega de Asociacións Lésbicas, Gais, Bisexuais e Transexuais).

A súa última obra Todas as mulleres que fun, publicada en 2011, é un poemario ilustrado por Annet Borrás de temática erótica e de crítica contra o capitalismo, o patriarcado e a falta de consciencia ecolóxica.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Corrente do esquecemento. Santiago de Compostela: Aturuxo, 2007.
  • Todas as mulleres que fun. Santiago de Compostela: Corsárias, 2011.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

En colaboración coas Candongas do Quirombo[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]