Aturuxo (Boiro)
Aturuxo | |
---|---|
Tipo | asociación cultural |
Data de fundación | 2007 |
Sede | Boiro |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Aturuxo, é unha asociación cultural de carácter nacionalista, que reivindica o dereito de autodeterminación para Galiza e o uso do galego como única lingua lexítima para o pobo galego. Informalmente, existe dende o ano 2007, máis constituíse legalmente en xaneiro do ano 2008. Dende o 16 de febreiro de 2008 tamén dispón dun local social situado no casco urbano de Boiro .
Traxectoria
[editar | editar a fonte]No ano 2007, un grupo de mozos e mozas de Boiro, decidiron asociarse para desenvolver na súa comarca un labor de defensa da lingua e dos dereitos que Galiza ten como nación. O primeiro acto que organizaron foi o Día das Letras Galegas do 2007, que ese ano se dedicou a María Mariño Carou.
Constituíronse legalmente como "Asociación Cultural Aturuxo" o 1 de xaneiro do 2008, e o 16 de febreiro dese mesmo ano, inauguraron o seu local social situado no número 118 da rúa Principal de Boiro. En 2014 recibiron o Premio Martín Códax da Música na categoría de sala.