Saltar ao contido

Lingua aleutiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua aleutiana
 Instancia de
 Subclase de
 Alfabeto
Propiedades
 Número de falantes
200 (2010)
155 (2007)
0 Editar o valor en Wikidata
 Tipoloxía lingüística
 Estado de lingua da UNESCO
en perigo crítico
Clasificación lingüística
Localización
 Orixinario de
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/01yb12 Editar o valor en Wikidata
ISO 639-2ale Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3ale Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5ale Editar o valor en Wikidata
IETFale Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O aleutiano[1][2][3] é unha lingua da familia esquimó-aleutiana falada polo pobo aleutiano que habita nas illas Aleutianas, Pribilof e do Comandante. O aleutiano está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[4]

Dialectos

[editar | editar a fonte]

Os dialectos do aleutiano agrúpanse nos dialectos orientais e nos de Atkan, entre os orientais están os de Unalaska, Belkofski, Akutan, illas Pribilof, Kashega e Nikolski. No grupo Atkan están os dialectos de Attu, Illa de Bering e illa de Copper (coñecido como Mednyy)

Escrita e estudos

[editar | editar a fonte]

O primeiro material que apareceu en aleutiano foi unha lista de palabras no dialecto de Unalaska que compilou James King, que pertencía a unha expedición de James Cook, en 1778. Catarina II de Rusia no seu proxecto de recoller un dicionario comparativo de todas as linguas que se falaban no seu imperio encargoulle a Peter Simon Pallas dirixir o traballo de campo que debía recoller a información lingüística do aleutiano, a expedición realizouse entre 1791 e 1792 e nela Carl Heinrich Merck e Michael Rohbeck recolleron numerosas listas de palabras. Entre 1804 e 1805 Nikolai Petrovich Rezanov, plenipotenciario do tsar, recolleu máis palabras e Johann Christoph Adelung e Johann Severin Vater na súa obra Mithridates oder allgemeine Sprachkunde 1806-1817 incluíron ao aleutiano entre as linguas que catalogaron.

En 1819 o primeiro lingüista profesional, o dinamarqués Rasmus Rask, estudou o aleutiano, recolleu palabras de dous falantes do grupo oriental da lingua que vivían en San Petersburgo. En 1824 Ioann Veniaminov, un pope ortodoxo, chegou a Unalaska e comezou a estudar a lingua, creou unha ortografía para a lingua empregando o alfabeto cirílico, que utilizou para traducir o evanxeo de Mateu e outras obras relixiosas ao aleutiano e en 1846 publicou unha gramática do aleutiano oriental. Iakov Netsvetov, pope de Atka, aleutiano nativo e un dos colaboradores de Veniaminov, escribiu un dicionario do dialecto de Atka. No resto do século XIX recolléronse listas de palabras dos diferentes dialectos da lingua.
Entre 1909 e 1910, o etnólogo Waldemar Jochelson realizou traballo de campo nas comunidades aleutianas de Unalaska, Atka, Attu e Nikolski, contou coa axuda de dous falantes de Unalaka que o axudaron a recoller historias e contos aleutianos por escrito e en son.

Nos anos 30 Afinogen K. Ermeloff foi o primeiro aleutiano en escribir un relato literario e Ardelion G. Ermeloff escribiu un diario en aleutiano. Nesa época o lingüista Melville Jacobs recolleu historias e tradicións orais Sergey Golley, un falante de Atkan, que estaba hospitalizado.
En 1944 o departamento do interior dos Estados Unidos publicou The Aleut Language para que os soldados puideran entender a lingua dos aleutianos. En 1994 Knut Bergsland publicou un completo dicionario.

  1. Definición de esquimó-aleutiano, -na no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. García-Miguel, José M. (2000). "Linguas do mundo e tipoloxía lingüística". En F. Ramallo; G. Rei-Doval; X.P. Rodríguez Yáñez. Manual de Ciencias da Linguaxe (PDF). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. pp. 173–220. ISBN 84-8302-588-4. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de setembro de 2016. Consultado o 18 de decembro de 2017.
  3. "aleutiano". TERGAL. Consultado o 29/05/2019.
  4. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]