Ana Belén Fortes
Ana Belén Fortes | |
---|---|
Nacemento | 15 de setembro de 1967 |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritora, tradutora e editora |
Pai | Xosé Fortes |
Irmáns | Xabier Fortes, Susana Fortes e Alberto Fortes |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ana Belén Fortes López, nada en Pontevedra o 15 de setembro de 1967, é unha filóloga, escritora, editora e tradutora galega.
É filla de Xosé Fortes e irmá de Susana Fortes, Xabier Fortes e Alberto Fortes.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É licenciada en Filoloxía Hispánica e fixo a especialidade en galego-portugués.[2] Ten estudos de Filoloxía Clásica. Realizou os cursos de doutoramento. Foi técnica de normalización lingüística e asesora lingüística de revistas e audiovisuais. Foi directora literaria de Sotelo Blanco Edicións (2003-2006). Como empresaria, é directora de Ardora Comunicación, 2008[3] e da Editorial Guiverny, 2011.[4] Ten o título de profesora de español como lingua estranxeira e traballou como voluntaria ensinando español a inmigrantes. Participou no TILG, Tesouro Informatizado da Lingua Galega. Traballou de tradutora-intérprete na administración de xustiza, no Consello da Cultura Galega (Proxecto Sarmiento) e como coordinadora do Diario de Sesións do Parlamento de Galicia (2006-2009). Profesional da xestión cultural, foi xurado de premios literarios e culturais (Manuel Lueiro Rey, Concurso de Microrrelatos 35º Aniversario Tórculo e Premios da Crítica Galicia, sección "Cultura'). Tamén foi comisaria de exposicións ("Mulleres no Obxectivo", exposición do XXV Aniversario de Sotelo Blanco Edicións na Fundación Torrente Ballester e da celebración do XXV Aniversario de Sindicato Unións Agrarias no Palacio de Congresos de Galicia) e directora executiva de audiovisuais.
Obras[editar | editar a fonte]
É colaboradora habitual na prensa galega (La Voz de Galicia, El Progreso, El Correo Gallego, El País edición Galicia)[5] e en revistas especializadas como Grial, Anuario de Estudios Literarios Galegos, A Nosa Terra, Festa da Palabra Silenciada, Boletín da Real Academia Galega, Tempos Novos, Lateral, Colóquio Letras (Fundación Gulbenkian, Lisboa, Xulho-Dezembro 1995) etc.[6]
- Poesía
- Paso a nivel sin barreras (2012).[7]
- Fallo general del sistema (2016). Editorial Guiverny.[8]
- Eclipse (2021). Guiverny.[9]
- Ensaio
- As ideas literarias de Manuel Murguía (1996). USC, tese de licenciatura.[10]
- Manuel Murguía e a cultura galega (2000). Sotelo Blanco Edicións. 100 páxs. ISBN 847824350X.
- "Curros y Murguía”, 2001, e “Cronobiografía” de Curros Enríquez (con Xosé Antonio García López), 2001, Actas do Congreso Curros Enríquez, Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, 2004.
- Tradución
- Trece campanadas, 2002 (Trece badaladas) de Suso de Toro ao castelán (Premio Nacional de Literatura 2003).
- El príncipe manco, 2004, de Suso de Toro ao castelán. Con Basilio Losada.[11]
- Hombre sin nombre, 2006, de Suso de Toro ao castelán.[11]
- Colectivas
- Vocabulario das matemáticas, multilingüe, Servizo de Normalización Lingüística, USC, 1995. Con Xosé Masa.
- Diccionario da literatura galega I, Autores, 1995, Galaxia.
- Diccionario da literatura galega II, Publicacións periódicas, 1997, Galaxia.
- Diccionario da literatura galega III, Obras, 2000, Galaxia.
- Diccionario da literatura galega IV, Termos e institucións literarias, 2004, Galaxia.
- Dicionario de dicionarios da lingua galega, ILG, Santiago de Compostela, .
- Escrita e mulleres. Doce ensaios arredor de Virginia Woolf. Coordinación. Sotelo Blanco, 2003. ISBN 84-7824-430-1.
- Vintecinco olladas para o século XXI, 2005, coordinación, Sotelo Blanco.[12]
- 1936 / O Estatuto esquecido, 2016, coordinación, Editorial Guiverny.
- Universo Cunqueiro, edición dos textos e coordinación, 2005, Sotelo Blanco.
- Libro do XXV Aniversario de Unións Agrarias, Santiago de Compostela, 2008. Coordinación.
- O cinema e os cines en Santiago, 2020, coordinación, Editorial Guiverny.
- Arquitectura do lume, de Yago Bonet Correa e Sergio Portela, 2020, coordinación, Editorial Guiverny.
- 40 Anos da moda en Galicia, de Fernando Franco, 2021, coordinación, Editorial Guiverny.
- Edición da obra de Frei Martín Sarmiento: De historia natural y de todo género de erudición. Obra de 660 pliegos, de Martín Sarmiento (Consello da Cultura Galega, 2008. Con Henrique Monteagudo, volumes II, III e IV).
Terminoloxía
- Glosario castelán-galego das relacións laborais, da construción e outros catro glosarios galego-castelán sobre distintas materias (CEG, 2010).[Cómpre referencia]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ López, Belén (26/8/2021). "Belén Fortes: "A poesía fainos camiñar polo fío da verdade"". Diario de Pontevedra. Consultado o 26/8/2021.
- ↑ "Ana Belén Forttes". linkedin.[Ligazón morta]
- ↑ "ARDORA COMUNICACION SL, A CORUÑA - Informe comercial, de riesgo, financiero y mercantil.". www.infocif.es. Consultado o 26/8/2021.
- ↑ "Editorial Guiverny". editorialguiverny.com. Arquivado dende o orixinal o 26/02/2021. Consultado o 26/8/2021.
- ↑ "Somos lo que leemos". El País (en castelán). 22/4/2011.
- ↑ "Detalles de autor/a". publicacionsperiodicas.academia.gal. Consultado o 26/8/2021.
- ↑ Fraga, Xesús (5/4/2012). "La retórica preciosista le ha hecho un flaco favor a la poesía". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ "Belén Fortes: «La poesía tiene la responsabilidad de buscar siempre la verdad»". La Voz de Galicia (en castelán). 14/1/2017. Consultado o 26/8/2021.
- ↑ "Editorial Guiverny". editorialguiverny.com. Arquivado dende o orixinal o 18/05/2021. Consultado o 26/8/2021.
- ↑ Ficha de As ideas literarias de Manuel Murguía na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
- ↑ 11,0 11,1 Ana Belén Fortes Arquivado 25/12/2018, en Wayback Machine. na Biblioteca da Tradución Galega
- ↑ Libro de conmemoración do XXV aniversario de Sotelo Blanco Edicións.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- García, Montse (14/1/2017). "Belén Fortes: «La poesía tiene la responsabilidad de buscar siempre la verdad»". La Voz de Galicia (en castelán).
- "¿Qué hacer con el monstruo?", Opinon, La voz de Galicia, 11 de marzo de 2022.