Xabier Fortes
Xabier Fortes | |
---|---|
Xabier Fortes na manifestación contra a privatización do novo hospital de Vigo, o Álvaro Cunqueiro. | |
Nome completo | Xabier Fortes López |
Nacemento | 1966 |
Lugar | Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Educado en | Universidade Complutense de Madrid |
Pai | Xosé Fortes |
Profesión | Periodista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xabier Fortes López, nado en Pontevedra en 1966, é un xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense, realizou os seus primeiros traballos xornalísticos en RNE en Vigo, en 1988, e dous anos despois incorporouse a Televisión Española en Galicia, primeiro á delegación de Pontevedra e desde 1998 á de Santiago de Compostela, onde comezou o seu labor como editor e presentador de informativos territoriais. Foi tamén o encargado de conducir e dirixir todos os debates, espazos de entrevistas e programas especiais con motivo das distintas convocatorias electorais en Galicia. En 2007 é nomeado director do Centro Territorial de Televisión Española en Galicia.
En 2011 foi nomeado director e presentador de «La Noche en 24 Horas»[1], o informativo nocturno do Canal 24 Horas.
Ademais, Fortes realizou unha ducia de documentais de variada temática, algúns de carácter deportivo (Os anos do Hai que Roelo) e outros de corte social e divulgativo, como a serie de catro capítulos As Illas do Sur (unha expedición científico-histórica polas illas das rías Baixas). O seu documental «Galicia no espello do tempo», é un repaso ao últimas catro décadas da historia de Galicia e coincidiu co corenta aniversario do Centro Territorial de TVE en Galicia e coa firma do convenio para recuperar e dixitalizar todo o arquivo histórico de cinema de TVE en Galicia.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
É fillo do escritor e militar Xosé Fortes e irmán dos escritores Alberto Fortes e Susana Fortes.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xabier Fortes ![]() |
- Xabier Fortes no Twitter
- Xabier Fortes na IMDb (en inglés).
- Entrevista en La Opinión (en castelán)