Susana Fortes
Susana Fortes | |
---|---|
Nacemento | 15 de novembro de 1959 |
Pontevedra | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Barcelona |
Ocupación | xornalista, novelista e escritora |
Pai | Xosé Fortes |
Irmáns | Alberto Fortes e Xabier Fortes |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Susana Fortes López, nada en Pontevedra o 15 de novembro de 1959[1], é unha escritora e xornalista galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, e en Historia de América pola Universidade de Barcelona, combina a súa paixón pola novela co traballo como profesora de ensino medio en Valencia. Deu clases de castelán e conferencias en Estados Unidos (Luisiana e California).
É autora de diversas novelas, entre elas El amante albanés, coa que quedou finalista do Premio Planeta na súa edición de 2003. A súa obra caracterízase por bordear a novela policíaca. Tamén é articulista en diversos medios relacionados coa literatura e o cine, ó que considera moi vinculada a súa obra «é coma se tivera interiorizada a sintaxe do cine na literatura».[2]
Na actualidade,[cando?] queren levar ao cine a película Esperando a Robert Capa, baseada no seu libro.
Obras[editar | editar a fonte]
- Querido Corto Maltés, (1994) Premio Nuevos Narradores.
- Las cenizas de la Bounty (1998).
- Tiernos y traidores (1999).
- Fronteras de arena (2001), finalista Premio Primavera de novela.
- Adiós muñeca (2002). selección de artigos sobre cine.
- El amante albanés (2003), finalista Premio Planeta.
- El azar de Laura Ulloa (2006).
- Quattrocento (2007)[3]
- Esperando a Robert Capa (2009), ganadora del Premio Fernando Lara de Novela[4]
- La huella del hereje (2011, Planeta)
- El amor no es un verso libre (2013, Suma de letras)
- Septiembre puede esperar
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (Concello de Pontevedra/Galaxia, 2015).
Vida persoal[editar | editar a fonte]
É filla do escritor Xosé Fortes Bouzán e irmá de Alberto e Xabier Fortes.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Cuevas-Morales, S. (2003): Diccionario universal bio-bibliográfico de autoras que escriben en castellano. Siglo XX. Madrid: Aconcagua Publishing. Páx. 166.
- ↑ Presentación da novela El azar de Lara Ulloa, marzo de 2006.
- ↑ Quattrocento. Planeta Mexico. 2010. ISBN 978-84-08-09409-8. OCLC 613432099.
- ↑ Susana Fortes gana el Premio Fernando Lara de Novela