Aleksandr Ivanovich Oparin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aleksandr Ivanovich Oparin
Nacemento2 de marzo de 1894, 18 de febreiro de 1894 e 1894
Lugar de nacementoUglitch
Falecemento21 de abril de 1980 e 1980
Lugar de falecementoMoscova
SoterradoNovodevichy Cemetery
NacionalidadeUnión Soviética
Alma máterFaculty of Physics and Mathematics of Moscow Imperial University e Universidade Estatal de Moscova
Ocupaciónbiólogo, bioquímico e químico
PremiosOrde de Lenin, Heroe do Traballo Socialista, Order of the Patriotic War 2nd class, Prêmio Kalinga, Empresa de Ferrocarriles Ecuatorianos, Medalha de "Mérito de Trabalho da Grande Guerra Patriótica 1941-1945", Medalha de Ouro Lomonossov, Premio Lenin, Bandeira Vermella do Traballo, Medalha do Jubileu "Em Comemoração ao 100.º Aniversário do Nascimento de Vladimir Ilitch Lenin", Medal "In Commemoration of the 800th Anniversary of Moscow" e Ordem da Guerra Patriótica
Na rede
Find a Grave: 8048630 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Aleksandr Ivánovich Oparin, nado en 1894 e finado en 1980, foi un bioquímico ruso. Foi coñecido polas súas investigacións acerca da orixe da vida.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1924 Oparin demostrou experimentalmente que o osíxeno atmosférico impedía a síntese de moléculas orgánicas, que son os constituíntes necesarios para o xurdimento da vida. Nese mesmo ano publicou unha pequena obra titulada A orixe da vida, onde expoñía unha teoría quimiosintética, que causou unha grande conmoción, cando foi coñecida, entre os biólogos. Segundo esta teoría, as moléculas orgánicas puideran evolucionar fóra de todo organismo, reunirse e formar sistemas cada vez máis complexos, sometidos aos principios da da evolución, particularmente á selección natural. A súa liña de investigación coincidiu en moitos puntos coa desenvolvida polo escocés John Burdon Sanderson Haldane, aínda que por camiños totalmente independentes. Hai que sinalar que o libriño de Oparin foi traducido ao inglés en 1939, polo que até esta data permaneceu practicamente descoñecido en occidente.

Na súa obra A orixe e o desenvolvemento da vida,[1][2] Oparin desenvolvía a teoría quimiosintética. Para el as condicións existentes cando se formou a Terra serían totalmente diferentes ás que existen na actualidade. Non existirían os gases que constitúen hoxe a atmosfera, senón outros como hidróxeno, metano, amoníaco e vapor de auga, non contendo osíxeno e sendo, por tanto, redutora. Este carácter redutor favorece a formación de polímeros a partir dos monómeros correspondentes, e dificulta a hidrólise daqueles unha vez formados.

As reaccións químicas que poderían producirse nesta atmosfera estarían favorecidas polas achegas enerxéticas procedentes de:

Nestas condicións formaríanse moléculas orgánicas sinxelas, como o ácido cianhídrico e o formaldehido, a partir dos cales pódense formar aminoácidos (que son os compoñentes das proteínas, as bases bases púricas e bases pirimidínicas (que son un dos compoñentes dos nucleótidos que integran os ácidos nucleicos) e os azucres sinxelos (monosacáridos, como a glicosa). Estes compostos disolveríanse nos océanos primitivos, que se irían arrequecendo progresivamente en materia orgánica, formando o chamado caldo primitivo onde, segundo Oparin, xurdiría a primeira célula viva de modo espontáneo.

As moléculas orgánicas presentes no caldo primitivo iríanse asociando para formaren as macromoléculas que integran a materia viva, síntese que ocorrería unicamente en determinados lugares da superficie terrestre, como no lodo dos fondos oceánicos, na area dos esteiros, ou nos poros dalgunhas rochas volcánicas, como a pumita. Para tratar de pescudar como se desenvolvería o progresivo incremento no que ao grao de complicación se refire, realizou unha serie de experimentos que fundamentalmente se baseaban en engadir á auga que contiña macromoléculas de distintas características seroalbumina (proteína que está disolvida no plasma sanguíneo) e goma arábiga. Neste medio formábanse pequenas e viscosas gotas microscópicas de coloides semilíquida, que Oparin denominou coacervados (do latín coacervare, 'xuntar', 'amorear'). Estes coacervados estaban formados por macromoléculas organizadas, e posuían unha membrana que os separaba do medio externo. Este nivel de organización da materia corresponde ao que coñecemos como nivel de orgánulo celular.

Oparin pensou que algo semellante ocorrera coa materia que ía formar os organismos. Ademais, este proceso iría acompañado simultaneamente dunha selección natural en virtude da cal unicamente perdurarían os coacervados que tiveran capacidade de autosíntese e de autoduplicación, que irían evolucionando cara a formas cada vez máis complexas e estábeis. Atopariámonos así nos albores do tipo de célula máis sinxela, a primeira forma de vida ou nivel celular.[3][4]

Segundo o profesor Loren S. Graham, no seu ensaio Science, philosophy, and human behavior in the Soviet Union. New York: Columbia University Press, Oparin recibiu o pulo para comezar as súas investigacións nun intento de demostrar o materialismo dialéctico no contexto do que posteriormente se chamaría a guerra fría na antiga Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas.[5] Pero, de feito, moitas teorías modernas da orixe da vida aínda toman as ideas de Oparin como punto de partida.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Oparin, A. I. (1968), The Origin and Development of Life (NASA TTF-488). Washington: D.C.L GPO,1968
  2. Oparin, A. I. The Origin of Life. New York: Dover (1952)
  3. Fernándes Ruiz, B., La vida: origen y evolución, Barcelona, Salvat, 1980
  4. Raulin, François, La aparción de la vida, Barcelona, RBA Ediciones, 1994, pp. 48-50
  5. Loren R. Graham. Science, philosophy, and human behavior in the Soviet Union. New York: Columbia University Press, 1987

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]