Macromolécula

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estructura dunha proteína, un exemplo de macromolécula.

As macromoléculas son substancias que teñen unha masa molecular elevada, formadas por un gran número de átomos. Xeralmente pódense describir como a repetición dunha ou unhas poucas unidades mínimas ou monómeros, formando os polímeros.

O termo macromolécula refírese ás moléculas que pesan máis de 10.000 dalton de masa atómica.[1] Poden ser tanto orgánicas como inorgánicas, e algunhas de gran relevancia atópanse no campo da bioquímica, ao estudar as biomoléculas. Dentro das moléculas orgánicas sintéticas atópanse os plásticos. Son moléculas moi grandes, cunha masa molecular que pode alcanzar millóns de UMAs que se obteñen polas repeticións dunha ou máis unidades simples chamados "monómeros" unidos entre si mediante enlaces covalentes.

Forman longas cadeas que se unen entre si por forzas de Van der Waals, pontes de hidróxeno ou interaccións hidrofóbicas e por pontes covalentes.

Polo xeral, analízanse moléculas no que o número de átomos é moi pequeno, que ademais constan dunha masa molecular relativamente pequena. Por exemplo, a molécula do sal común (NaCl) consta de só dous átomos e a masa molecular relativa é de 57'5. En cambio, existen moitas clases de moléculas que posúen unha composición moito máis complicada, é dicir, unha gran cantidade de átomos e un valor grande na súa masa molecular; a esta clase de composicións denomínaselle macromoléculas. Específicamente, unha macromolécula ten unha cantidade mínima de 1000 e unha masa non menos de 10.000. Ademais os eslabóns que unen a molécula non conducen a variación nas propiedades físicas, se estos son engadidos de xeito complementario. Por exemplo a molécula do polietileno, cuxa masa molecular relativa é de 280.000 e consta de 20.000 eslabóns de grupos CH2. Outro exemplo é a molécula do ácido ribonucleico; consta de 124 eslabóns que se repiten, conformados por 17 aminoácidos diferentes. A súa fórmula química é C575H901O193N171S12, e a súa masa molecular relativa é de 13.682. Os polímeros son sustancias conformadas por macromoléculas.

Nunha época que non se coñecía a existencia da macromolécula denominabanse coloides a este grupo de moléculas. Os coloides teñen unha aparencia xelatinosa adhesiva, cunha velocidade de difusión pequena sen poder atravesar as membranas, contrario ao que ocorre, por exemplo, co sal común, que se difunde moi ben e pasa a través das membranas. Estas sustancias foron chamadas cristaloides pola súa boa conformación estructural. Máis tarde foi descuberto que, en condicións determinadas, os cristaloides podían adquirir un "estado coloidal", si se lograba unir as súas moléculas en grupos e cunha masa relativamente baixa. A agregación das moléculas dos cristaloides que conducen á aparición das propiedades coloidales das súas moléculas, é polo xeral unha manifestación das forzas da valencia atómica secundaria e o enlace dos átomos nas macromoléculas é convalente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Staudinger, H.; Fritschi, J. Über die Hydrierung des Kautschuks und über seine Konstitution. Helv. Chim. Acta 1922, 5, 785–806.