1000 12/16

Albións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Albiones")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Situación aproximada do pobo dos albións na provincia romana da Gallaecia.

Os albións[1] (en latín: Albioni) eran un pobo galaico da Gallaecia, comprendidos dentro do Convento xurídico lucense, que se situarían no territorio costeiro comprendido das marxes do Navia, no que na actualidade é a Asturias occidental.[2]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

É posible que o nome dos albións proveña da raíz celta *albiyo- “mundo (superior)” ou “país”.[3] Pode ter relación co antigo nome da Illa de Gran Bretaña, que era Albion.[1]

Fontes e situación[editar | editar a fonte]

Os albións aparecen citados como gentes en Plinio o Vello, 4, 20,111 e indicando que vivían ao oeste do río Navia;[4] Claudio Tolomeo nomea o mesmo río como Navialbión, confirmando a situación deste grupo. Segundo J. L. Maya, os albións, os egobarros e os cibarcos estaban constituídos por diversos castros vinculados ou confederados entre eles.[5]

Ó seu territorio correspondería o castro de Coaña,[6] que probablemente foi a súa capital.

Estela de Nicer[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Estela de Nicer.
Foto da estela.

A estela de Nicer é unha estela funeraria en 1932 no concello asturiano da Veiga, na desembocadura do río Eo. A inscrición está dedicada a Nicer, un "príncipe" dos albións (principis Albionum), o que dá pé a pensar que podían estenderse até este último río, no que, en último extremo, se atoparían cos egobarros, outro pobo galaico. A estela está exposta no Museo Arqueolóxico de Asturias, en Oviedo.

Non existe acordo sobre a súa datación. O feito de que a persoa á que fai referencia fose dunha tribo prerromana podería datalo cara ao século I, mais a aparición do Crismón cristián que coroa a epígrafe indica que podería ser posterior.

XP
NICER
CLUTOSI
Ɔ CARI
ACA
PRINCI
PIS AL
BIONU
M AN
LXXV
HIC S EST
XP
Nicer
(fillo) de Clutoso
(do castro) de Cariaca,
(da casa) do príncipe
dos Albións,
de 75 anos,
xace aquí[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Definición de albión no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Tabula Imperii Romani K-29, Porto: Conimbriga, Bracara, Lucus, Asturica, (Madrid, 1991) 20-21; Richard J.A. Talbert (ed.), Barrington Atlas of the Greek and Roman World, map 24, E1.
  3. Delamarre (2003) p. 37; Koch (2006) s.v. albio, albiones.
  4. Pliny. "Natural History Book 4". University of Chicago. Consultado o 7 de xuño de 2011. 
  5. Vid. Maya González, J.L. Enciclopedia temática de Asturias, 11. p. 65. 
  6. González García, Francisco Javier. Los pueblos de la Galicia céltica. p. 534. Consultado o 9 de xuño de 2020. 
  7. L'Année épigraphique (1946), 121.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]