Ak Bars Kazan
Ak Bars Ак Барс | |
---|---|
![]() | |
Fundación | 1956 |
Cidade | ![]() ![]() ![]() |
Estadio | Tatneft Arena (10.000 espectadores) |
Liga | Kontinental Hockey League |
Conferencia | Leste |
División | Kharlamov |
Campionatos | 2 |
Adestrador | ![]() |
Cores | Verde, vermello e branco |
Na rede | |
http://www.ak-bars.ru/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
O Hockey Club Ak Bars (en ruso Ак Барс, en tártaro Ак Барс) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Kazán, Tatarstán (Rusia). Actualmente compite na Kontinental Hockey League (KHL), competición da cal gañou as súas dúas primeiras edicións.
O nome do equipo, Ak Bars, deriva do símbolo oficial de Tatarstán, traducido como Leopardo das Neves, un símbolo tradicional que ten a súa orixe nos Barsil, unha das tíbus tártaras.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundado orixinalmente como Mashstroy Kazan en 1956, mudou o seu nome polo de SC Uritskogo Kazan cando entrou na Clase B Soviética en 1958. Ascendeu á Clase A2 Soviética, cando gañou a promoción á máxima categoría do hóckey soviético. O rendemento de Kazan foi respectable, comezando a competición gañando 6 dos 19 encontros fronte aos mellores equipos soviéticos antes de caer na segunda parte do campionato, descendendo ao final da tempada.
Dende este momento, o SC Uritskogo Kazan estableceu unha reputación como equipo forte nas categorías menores da URSS. Recoñecido como equipo de alta puntuación, o Kazan promedior máis de catro goles por partido nas décadas dos '60 e '70. Gañou dúas veces a liga da URSS de nivel inferior, sendo nomeado campión de Rusia en 1962 e 1976.
O período máis exitoso do SC Uritskogo Kazan tivo lugar a finais dos anos '70 e principios dos '80. O equipo foi dirixido por Sergei Stolbun; marcando Gennady Maslov (actual adestrador do Ak Bars-2 Kazan), quen gozou dun breve período no PHC Krylya Sovetov e estableceu un récord no club de 140 puntos en 76 partidos en 1982–83; e Ravil Shavaleev, que foi considerado un dos mellores defensas que dou Tatarstán. Durante este período, Kazan foi consistente entre os mellores equipos da liga, mais ano tras ano non conseguiu o ascenso á máxima categoría do hóckey soviético.
Logo da desintegración da Unión Soviética, o Uritskogo Kazan converteuse no Itil Kazan en 1990 e participou na IHL. Itil tivo un éxito relativo, evitando o descenso da Vysshaya hokkeinaya liga en 1991 e 1992.
Foi a raíz da creación da Superliga Rusa (RSL) en 1996 cando comezou a época dourada do hóckey en Tatarstán. Renomeado como Ak Bars Kazan como o tradicional símbolo tártaro, o leopardo das neves. Aproveitando o pulo dos recursos nos Urais, Ak Bars comezou a súa historia en boa forma, rematando primeiro na súa respectiva división en 1997 e 1998, así como gañando a RSL en 1998. Durante este período, o Kazan carecía da alta puntuación dos seus predecesores, mais seguiu a ser un equipo dominante no hóckey ruso, sendo finalista en 2000 e 2002. Neste tempo, o Kazan formou a xogadores como Denis Arkhipov e Danis Zaripov.
Na tempada 2004-05, o Kazan fichou a 11 xogadores da NHL, incluíndo ás estrelas rusas Alexei Kovalev e Ilya Kovalchuk e canadenses Vincent Lecavalier e Dany Heatley, nun intento de celebrar o centenario do Kazan cun campionato. Non tiveron éxito e finalizaron na cuarta praza, sendo eliminados nos playoffs polo Lokomotiv Yaroslavl.
Dende aquela, o Ak Bars Kazan dominou a RSL, gañando a liga en 2006 no retorno de Aleksey Morozov. En 2007 paseouse pola liga con 35 vitorias e 214 goles en 54 partidos antes de caer na final fronte ao Metallurg Magnitogorsk.
O Ak Bars foi liderado nos últimos anos pola liña dominante coñecida como "ZZM" formada por Sergei Zinovjev, Danis Zaripov e Aleksey Morozov, que se estableceu como unha das liñas máis dominantes da historia recente. Combinado con veteranos como Vitaly Proshkin e Vladimir Vorobiev, e estranxeiros como Ray Giroux, Petr Čajánek e Jukka Hentunen, Kazan mantívose como un dos mellores equipos da liga. Con todo foron criticados frecuentemente pola súa falta de consistencia e por confiar demasiado en estrelas como Morozov.[1]
O Ak Bars Kazan ten grandes rivalidades co Lokomotiv Yaroslavl e os seus veciños do Salavat Yulaev Ufa. Porén, o Ak Bars tivo como principal rival ao Dynamo de Moscova nos anos '90.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 4 Russian Open Championship (4): 1997-1998, 2005–2006, 2008–09, 2009–10
- 2 KHL Gagarin Cup: 2008–09, 2009–10
- 2 Superligas de Rusia: 1997-1998, 2005–2006
- 1 KHL Eastern Conference Cup: 2009–10
- 1 KHL Opening Cup: 2009–10
- 1 IIHF European Champions Cup: 2007
- 1 IIHF Continental Cup: 2008
- 1 Campión do Leste da Superliga: 1998
- 1 Campión do Oeste da Superliga: 1997
- 3 Clase A2 Soviética: 1962, 1988 e 1989
- 1 Clase B Soviética: 1976
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IHF Forums http://forums.internationalhockey.net/showthread.php?t=7374 Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ak Bars Kazan |