Admiral Vladivostok

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Admiral Vladivostok
Адмирал Владивосток
Fundación2013
SedeFlag of Vladivostok (Primorsky kray).png Vladivostok,
Flag of Primorsky Krai.svg Krai de Primorsky
Flag of Russia.svg Rusia
CanchaFetissov-Hall
(5 500 espectadores)
LigaKontinental Hockey League
ConferenciaLeste
DivisiónChernyshev
AdestradorFinlandia Hannu Jortikka
DirectorFlag of Russia.svg Aleksandr Filippenko
Propietario(S)Flag of Russia.svg Aleksandr Mogilny
CoresAzul mariño, azul claro e branco
                 

O Hockey Club Admiral Vladivostok (en ruso Хоккейный клуб Адмирал Владивосток) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Vladivostok, Rusia. Foi fundado en 2013 para competir na Kontinental Hockey League (KHL) a partir da tempada 2013-14.[1] O Admiral será o equipo máis ao leste da liga, e un dos dous únicos equipos do Extremo Oriente Ruso. Xogará os seus partidos como local no Fetissov-Hall, un pavillón con capacidade para 5 500 espectadores que será inaugurado en 2013. O presidente do novo club será o ex-xogador Aleksandr Mogilny.[1]

O nome e o logo do Admiral foron decididos polo público mediante unha enquisa realizada en internet pola Autoridade Rexional. Nesta enquisa, o nome Admiral conseguiu o 72,2 % dos votos, fronte ao 24,7 % que obtivo Kassatki ("Baleas Asasinas") e o 3 % de Forpost.[2][3] Situado na Provincia Marítima, o seu logo representa unha áncora branca sostida por sticks de hóckey e un temón. Unhas liñas diagonais negras e laranxas cruzan de dereita a esquerda en sentido descendente o escudo. O escudo está coroado por unha estrela vermella.[4]

Como parte do KHL Junior Draft 2013, o club adquiriu os dereitos de algúns xogadores, algúns deles procedentes dos veciños Xapón e Corea do Sur. Para que o equipo poida competir cun conxunto completo na liga, o 17 de xuño terá lugar un Extension Draft.[5]

Xogadores[editar | editar a fonte]

Equipo na primeira tempada[editar | editar a fonte]

Admiral Vladivostok
# Nac. Nome Pos. Idade Nacemento
85 Flag of Russia.svg Yegor Antropov D 21 Moscova
22 Flag of Russia.svg Sergei Barbashev AE 26 Moscova
10 Flag of Sweden.svg Niclas Bergfors AD 27 Södertälje, Suecia
91 Flag of Russia.svg Igor Bortnikov AD 24 Leninogorsk
21 Flag of Canada.svg Mike Commodore D 34 Fort Saskatchewan, AB (Canadá)
28 Flag of Russia.svg Viktor Drugov AD 28 Barnaul
87 Flag of Russia.svg Evgeny Grachyov AE 24 Khabarovsk
11 Flag of Sweden.svg Richard Gynge AD 27 Tyresö, Suecia
19 Flag of Canada.svg Justin Hodgman C 25 Brampton, ON (Canadá)
32 Finlandia Niko Hovinen G 26 Helsinqui, Finlandia
35 Flag of Russia.svg Evgeny Ivannikov G 23 San Petersburgo
42 Flag of Russia.svg Alexander Kuznetsov C 22 Moscova
65 Flag of Russia.svg Dmitri Kostromitin D 24 Chelyabinsk
26 Flag of Russia.svg Sergei Lesnukhin F 26 Yaroslavl
37 Flag of Russia.svg Mikhail Naumenkov D 21 Moscova
15 Flag of Russia.svg Andrei Nikitenko C 35 Tyumen
6 Flag of Russia.svg Denis Osipov D 27 Moscova
17 Flag of Russia.svg Vladimir Pervushin F 28 Omsk
92 Flag of Canada.svg Logan Pyett D 25 Balgonie, SK (Canadá)
55 Alemaña Felix Schütz C 26 Erding, Alemaña
14 Flag of Russia.svg Konstantin Sokolov F 23 Oskemen
74 Flag of Russia.svg Artyom Ternavsky D 30 Magnitogorsk
18 Belarús Alexei Ugarov AE 28 Nizhnekamsk
63 Flag of Russia.svg Dmitry Vorobyov D 28 Tolyatti
8 Flag of Russia.svg Artyom Zemchyonok D 22 Moscova
38 Flag of Russia.svg Ilya Zubov C 27 Chelyabinsk

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 khl.ru, ed. (2013-04-27). "Vladivostok club ready for KHL". 
  2. hockeyfans.ch, ed. (30 de Maio de 2013). "Admiral Wladiwostok in der KHL". Consultado o 4 de xuño de 2013. 
  3. Ria Novosti, ed. (2013-05-30). "Voters Choose Name for New Vladivostok Hockey Team". 
  4. iSport.ua, ed. (30 de maio 2013). "КХЛ. Болельщики Владивостока решили назвать новый клуб Адмиралом" (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2013. Consultado o 4 de xuño de 2013. 
  5. khl.ru, ed. (14 de Maio de 2013). "June Extension Draft for Vladivostok". Consultado o 4 de xuño de 2013.