División Tarasov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A División Tarasov da Kontinental Hockey League é unha das catro divisións que conforman esta competición eurasiática de hóckey sobre xeo. Esta división foi creada na tempada inaugural da competición en 2008 e forma parte da conferencia oeste dende a segunda tempada da KHL, cando se estableceron as conferencias na competición. Recibe o seu nome en honor ao membro do It is named in honor ofHockey Hall of Fame Anatoli Tarasov, "o pai do hóckey ruso", que converteu á Unión Soviética na "a forza dominante na competición internacional".[1]

Equipos[editar | editar a fonte]

A División Tarasov estará integrada na tempada 2013-14 por sete equipos procedentes de Rusia (6) e Ucraína (1). Os equipos serán os seguintes:

Trocos de equipos na división[editar | editar a fonte]

Aliñación inicial (2008)[editar | editar a fonte]

Na tempada inaugural, a aliñación da división foi determinada pola forza dos equipos e os equipos que a integraron foron: CSKA Moscova, HC MVD, Khimik Voskresensk, Metallurg Magnitogorsk, Traktor Chelyabinsk and SKA San Petersburgo.

Realiñación en 2009[editar | editar a fonte]

Coa aliñación xeográfica das divisións na tempada 2009-10, a composición da División Tarasov cambiou totalmente e só o HC MVD permaneceu na división, sendo acompañado por outros dous equipos da rexión de Moscova, o Atlant Moscow Oblast e o Vityaz Chekhov, así como polo Lokomotiv Yaroslavl, o Torpedo Nizhny Novgorod e o Severstal Cherepovets.

Minsk rempraza a HC MVD (2010)[editar | editar a fonte]

Nun principio, o HC Budivelnyk de Kiev (Ucraína), foi admitido para competir na liga en 2010 para remprazar ao HC MVD logo da súa fusión co Dynamo Moscova. Porén, o equipo retirouse da liga posteriormente antes de que a competición comezara, e no seu lugar o Dinamo Minsk pasou a formar parte da división procedente da División Bobrov.

Suspensión do Lokomotiv Yaroslavl (2011)[editar | editar a fonte]

A causa do accidente aéreo no que morreron case todos os xogadores do Lokomotiv Yaroslavl, a dirección do equipo decidiu suspender todas as actividades da tempada 2001-12, reducíndose deste xeito o número de equipos da División Tarasov a 5 equipos. O Lokomotiv regresou á liga na tempada 2012–13.

Novos membros (2012)[editar | editar a fonte]

Coa chegada de dous novos equipos á División Bobrov na tempada 2012-13 fixéronse necesarias algunhas realiñacións entre os equipos da conferencia oeste: Vityaz Chekhov foi reubicado na División Brobrov, mentres que dous equipos de Moscova, Spartak e CSKA foron reubicados na División Tarasov, aumentando o número de equipos da División Tarasov a un total de 7.

Expansión e realiñación (2013)[editar | editar a fonte]

Coa chegada de dous novos equipos á liga na tempada 2013-14 fixéronse necesarios novos trocos nas divisións, polo que o Torpedo Nizhny Novgorod foi reubicado na División Kharlamov, e o CSKA Moscova e o Dinamo Minsk foron movidos á División Bobrov. Por outra banda, Vityaz Chekhov, Donbass Donetsk e Dynamo Moscova foron trasladados da División Bobrov á Tarasov.

Campións de división[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]