Copa Continental (KHL)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Copa Continental[1][2] (en ruso Кубок Континента, Kubok Kontinenta), tamén coñecida como Kontinental Cup,[3] é o trofeo outorgado ao equipo gañador da liga regular da Kontinental Hockey League (KHL), isto é, o equipo que consegue máis puntos ao finalizar a liga regular. Foi introducida na segunda tempada da competición. Anteriormente, o campión da primeira tempada era denominado simplemente gañador da liga regular. O nome do trofeo foi votado polos internautas que visitaron o sitio web da KHL. Outros nomes candidatos na votación eran: Leader Cup, Suvorov Cup, Peoples' Friendship Cup e «Our Game» Cup. Na votación participaron máis de 24.000. O nome Copa Continental recibiu o 58,57% dos votos (14.118 votos).[4]

Gañadores da Copa Continental[editar | editar a fonte]

Lenda
O Equipo da Conferencia Oeste
L Equipo da Conferencia Leste
* Campión da Copa Gagarin
% Equipo que perdeu as finais da Copa Gagarin
^ Equipo que perdeu en roldas preliminares dos play-offs
Tempada Equipo Partidos Puntos Resultado nos play-offs
2009–10 L Salavat Yulaev Ufa 56 129 Perdeu na final de Conferencia (AKB)
2010–11 L Avangard Omsk 54 118 Perdeu nas semfinais de Conferencia (MMG)
2011–12 L Traktor Chelyabinsk 54 114 Perdeu na final de Conferencia (AVA)
2012–13 O SKA San Petersburgo 52 115 Perdeu na final de Conferencia (DYN)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ufa’s first trophy". khl.ru. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2010. Consultado o 9 de agosto de 2012. 
  2. "Новые трофеи Лиги". khl.ru. Consultado o 9 de agosto de 2012. 
  3. "Kontinental champion!". Kontinental Hockey League. 26 de febreiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 9 de agosto de 2012. 
  4. ""Кубок Континента" – награда победителю регулярного чемпионата". khl.ru. Consultado o 9 de agosto de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]