Ballesteros de Calatrava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBallesteros de Calatrava
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 38°50′14″N 3°56′36″O / 38.837222222222, -3.9433333333333Coordenadas: 38°50′14″N 3°56′36″O / 38.837222222222, -3.9433333333333
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela-A Mancha
Provinciaprovincia de Cidade Real Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación371 (2023) Editar o valor em Wikidata (6,42 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie57,83 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude610 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJuan Carlos Moraleda Herrera (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal13432 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE13022 Editar o valor em Wikidata

Sitio webballesterosdecalatrava.es Editar o valor em Wikidata

Ballesteros de Calatrava é unha pequena localidade pertencente a comunidade de Castela-A Mancha, dentro da provincia de Cidade Real atopándose na comarca de Campo de Calatrava. Ten 57,27 km², e está a 656 m sobre o nivel do mar, a 18 km da capital da provincia. Ten 546 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

No seu termo municipal son frecuentes os vestixios arqueolóxicos que acreditan o poboamento das súas terras desde a idade de bronce. Varios son os sitios arqueolóxicos detectados e coñecidos aínda que nunca se procedeu ás escavacións metódicas que o seu interese reclama.

Da época romana atopáronse numerosas moedas acuñadas en diferentes municipios hispano-romanos, moitas delas ao extraer os cimentos da ermida de San Bartolomeu, situada no que chaman o Pedazo del Santo, ás costas do actual cemiterio. Entre as máis lexibles hai unha que procede da Coruña del Conde e outra de Calahorra. Outras foron achadas no sitio chamado a Halconera e extramuros da poboación, no Paluzar. Tamén hai restos no Castillejo, cerro Lucero, Peña el Miradero, o Hituro.

Nas Relacións Topográficas de Filipe II de 1575 faise mención de que os edificios antigos que no termo hai son: o Castillar, Peña el Miradero e o Hituro, que teñen sinal que noutros tempos foron atalaias. Ballesteros como toda a zona de Calatrava, pertencía ao Califato de Córdoba, pasando a depender no século XI de Toledo, cristianizándose no XII coa reconquista.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • Igrexa da Nosa Señora a Virxe da Consolación: é un edificio dunha soa nave con cabeceira de ábsida poligonal, a cal é o único resto que se conserva da primitiva construción, que se afundiu en 1861. É interesante a portada plateresca decorada con medallóns de San Pedro e San Paulo, candelieri e un arco apuntado, elemento moi arcaico. No interior consérvanse restos dun artesoado probablemente de estilo mudéxar. Posiblemente do mesma orixe que o do pobo, século XIV. Pedra labrada e sen labrar, cachotería, madeira e tella cerámica. No Museo Diocesano de Cidade Real atópanse algunhas imaxes procedentes desta parroquia. O edificio acusa unha grande influencia mudéxar.
  • Palacio da Serna ou Casa Grande: é un edificio de finais do século XVIII. Planta cuadrangular con torreóns en cada un dos ángulos e patios interiores. Portada con elementos neoclásicos. Edificada a finais do XVIII para uso agrícola. Pedra cuarcita e basáltica labrada e sen labrar, ladrillo, cascallo, madeira e tella cerámica. Tamén é chamada Casa Grande. Actualmente foi restaurada para aloxamento rural.

Festas[editar | editar a fonte]

  • San Isidro, 15 de maio.
  • Festividade da Nosa Señora da Consolación, primeiro domingo de xullo.
  • Festividade de San Fernando de Ayala, último domingo de agosto.